16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasSenderismo e kayak para gozar da paisaxe do río Tea

    Senderismo e kayak para gozar da paisaxe do río Tea

    A cCncellería de Mocidade organiza para este venres a actividade Sendeyak que combina a andaina cun descendo en kayak polo Tea

    A Concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, organiza para este venres día 7 unha actividade de senderismo combinado con kayak dentro da programación de Mocidade Viva. Esta novidosa suxestión deportiva e lúdica incorpórase á oferta de lecer específica para a mocidade co obxectivo de promover hábitos de vida saudábeis e o coñecemento do noso patrimonio natural.

    Sendeyak combinará a andaina con descenso en kayak polo río Tea ao longo dunha ruta de 3 quilómetros polos bosques autóctonos do río Tea observando todos os seus recursos e regreso en kayak gozando da frescura das súas augas que dan vida a múltiples especies.

    Esta  actividade está deseñada para maiores de 11 anos e os menores de idade deben ir cunha persoa adulta. As e os interesados deben inscribirse en omix@ponteareas.gal. Os e as participantes sairán da praia fluvial da Freixa ás 17 horas para ir ata a poza do Barco e regresar en kayak.

    O Concello bonifica unha parte do custo da actividade, tendo un prezo final para as persoas participantes de unicamente 15€ e inclúe todos os materiais necesarios, así como monitores e seguros.

    Miguel Bouzó salienta que se trata dunha actividade segura e saudábel que contribúe no obxectivo da Concellería de retomar as actividades específicas para a mocidade velando sempre polo cumprimento estricto das normas de seguridade sanitarias e distanciamento. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.