A Plataforma en Defensa do Pediatra recollerá sinaturas o 30 de marzo en Ponteareas

A plataforma en defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo estará este sabado 30 de Marzo de 11 h a 13:30 h na Feira de Ponteareas (na esquina de Vidales Tomé) recollendo firmas para que se restableza o servicio de Pediatria nos seus concellos. Cabe salientar que o domingo pasado, na feira de Mondariz, en tan só dúas horas, recolléronse 600 firmas. O obxectivo está en chegar ás 5.000 sinaturas para envialas á Consellería de Sanidade.

"Feijóo veu a vender máis recortes en Sanidade para O Condado-Paradanta"

Mañán cúmprese unha semana da visita do presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo ao Condado-Paradanta a presentar os candidatos a alcaldía e, segundo a Plataforma en Defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo, unha semana dende que o presidente da xunta "prometera que o luns (o pasado) habería pediatra no Centro de Saúde de Mondariz". A día de hoxe, sinala a Plataforma, "o despacho do pediatra está baleiro".

  • Publicado en Mondariz

O PSOE de Ponteareas apoia á manifestación contra os recortes sanitarios

O PSdeG-PSOE de Ponteareas e a candidata socialista á alcaldía, Chus Garrote, veñen de anunciar o seu apoio, unha vez máis, á manifestación pola defensa da sanidade pública. A manifestación terá lugar o vindeiro 8 de febreiro ás 19:00 horas en Ponteareas e sairá desde a casa do Concello de Ponteareas. Para os socialistas de Ponteareas esta é unha nova oportunidade “para demostrarlle á Xunta de Galicia e a Feijóo o rexeitamento dos veciños e veciñas á política de recortes e ao desmantelamento da sanidade”.

Mondariz acolle, o sábado, unha charla do BNG sobre pediatría e atención primaria

Este sábado 2 de febreiro Mondariz acolle unha charla coloquio, organizada polo BNG, en defensa da atención primaria sanitaria e do servizo de pediatría na localidade. Neste acto, que se celebrará ás 20 horas na Biblioteca Municipal de Mondariz, trasladarase “unha visión ampla das consecuencias dos recortes en sanidade nos últimos tempos, que afectan gravemente á nosa localidade”, segundo indica o Bloque.

  • Publicado en Mondariz

O BNG organiza un acto informativo sobre a sanidade pública galega en Redondela

O BNG desenvolverá o vindeiro venres, 1 de febreiro ás 20 horas e na Casa da Cultura de Redondela, un acto público para abordar a situación de deterioro que está a sufrir a sanidade pública en Galicia e onde, sinalan os nacionalistas, "a Atención Primaria está a ser unha das principais damnificadas polas nefastas políticas de privatizacións e recortes do Partido Popular".

O Sergas asume os gastos de mantemento do Centro de Saúde da Guarda

O pasado martes día 15 de xaneiro de 2019 o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a directora xeral de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro Bello, asinaron o acordo para a asunción dos gastos do Centro de Saúde PAC da Guarda por parte da Consellería de Sanidade, unha vella reivindicación, trala cal o Concello da Guarda cede a titularidade do Centro de Saúde a Sanidade.

  • Publicado en A Guarda

Eva García cualifica de "acto de deslealdade" a visita do conselleiro de Sanidade

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de cualficiar de “acto de deslealde institucional” e “falla de respecto as porriñesas e porriñeses”, o feito de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitase este venres o Centro de Saúde da vila e, “nin invitase nin tan sequera o comunicase á alcaldesa e ao Goberno municipal”.

Suscribirse a este canal RSS