Sandra González pide que se informe á veciñanza sobre o segundo treito da VAP

A alcaldesa de Tomiño solicitou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, que a Xunta envíe un técnico para explicar de forma máis ampla o proxecto do 2º tramo da VAP Tui- A Guarda e o proceso de alegacións, publicado hoxe no DOG. Asemade, agradeceu que o novo trazado do tramo presentado hoxe en Tomiño, permita á veciñanza do lugar acceder a través de pasos inferiores, facilitándolle a vida diaria.

  • Publicado en Tomiño

Con 11 concelleiros, o novo goberno de Tomiño promete un Concello transparente e aberto

O novo equipo de goberno de Tomiño, formado por 11 concelleiros do BNG (Bloque Nacionalista Galego), o que representa o 60% dos votos, prometeu na súa sesión de investidura, celebrada este mediodía nun salón de plenos abarrotado, un Concello aberto, transparente e dialogante, en disposición de mellora constante, atento aos veciños e veciñas, pero tamén coa vista no futuro.

  • Publicado en Tomiño

A mellora da mobilidade transfronteiriza infanto-xuvenil Tomiño-Cerveira, a estudo pola Comisión Europea

O Programa B- Solutions, promovido pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE) e a EU Commission’s DG REGIO para impulsar a resolución de obstáculos fronteirizos de carácter xurídico e / ou administrativo ao longo das fronteiras internas da UE, seleccionou un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia Norte de Portugal (GNP, AECT) en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e a Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte ( CCDR- N).

  • Publicado en Tomiño

Doa Oa reivindica, en Tomiño, un mundo igualitario a través da natureza

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción: Violencia Zero' de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

  • Publicado en Tomiño

O BNG de Tomiño presenta a súa candidatura para as municipais nunha multitudinaria cea

Sandra González, candidata á alcaldía de Tomiño polo BNG, presentou ao seu equipo, co que concorrirá ás eleccións municipais do 26 de maio, nun acto onde máis de 350 persoas ateigaron as instalacións do restaurante As Colinas de Tebra. Sandra González agradeceu o apoio e o cariño das veciñas e veciños de Tomiño, resaltou a importancia da participación no exercicio do voto na vindeira cita eleitoral, e comprometeuse a que, co seu equipo, o seu proxecto e coa confianza e o apoio das veciñas e veciños de Tomiño, o mellor está por vir.

  • Publicado en Tomiño

Máis de 500 persoas tomarán a saída no 'VI Desafío Terras de Turonio'

Chega unha nova edición do maratón de BTT por parellas máis importante do norte de España. A sexta edición do Desafío Terras de Turonio chegará ao centro de Tomiño o vindeiro sábado 4 de maio con récord de inscritos: un total de 516 persoas de distintos puntos de España e Portugal participarán na gran cita do ciclismo de montaña de longa distancia por parellas.

  • Publicado en Tomiño

Cerámica 'Feito en Tomiño'

Trinta anos de traballo coa cerámica son, mírese por onde se mire, unha chea de anos. Son eses –30 anos– os que leva José Manuel Álvarez Comesaña ao fronte de Androx, o taller de cerámica máis lonxevo de Tomiño, situado en Vilachán e coñecido por locais e visitantes, por mor dos cursos de verán que veñen impartindo dende hai varias décadas. Desta volta a noticia non é nin o o taller, nin o museo situado a carón, senón a tenda de artesanía 'Feito en Tomiño'.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS