A Asemblea de Movemento Salceda ratifica a lista para as municipais por unanimidade

A Asemblea Xeral de Movemento Salceda ven de ratificar, por unanimidade, a candidatura coa que a formación política concorrerá ás eleccións municipais o vindeiro 26 de maio e coa que espera revalidar o Goberno que leva exercendo dende o ano 2007. A totalidade das persoas asistentes á asemblea deron o seu visto bo á candidatura, que estará formada por 23 persoas, 13 titulares e 10 suplentes, o máximo permitido no caso do Concello de Salceda de Caselas.

O Centro Social a Devesa acolle, o xoves, un acto público de En Marea

O Centro Cultural A Devesa, de Salceda de Caselas, será escenario o vindeiro xoves, 18 de abril ás 13 horas, dun acto público de En Marea enmarcado na campaña desta formación cara as Xerais 2019. NO acto, amais de Marcos Besada, alcalde de Salceda, participarán Silvia Díaz, candidata ao Senado; e os candidatos e candidatas ao Congreso dos Deputados, Tere Pérez, concelleira de Cultura do Concello de Salceda, Manuel Moreira e Iris Malvido.

Os socialistas de Salceda fanse eco das protestas veciñais polo uso do glifosato

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas ven de denunciar o uso de herbicidas para a limpeza de cunetas nas zonas rurais. O uso de glisofatos, "cos perigos que supoñen para saúde, xa que poden traer consigo a contaminación de augas subterráneas e mananciais", está a provocar o malestar nalgunhas zonas de Salceda, "coas correspondentes queixas veciñais", sinalan os socialistas.

Salceda pecha o exercicio 2018 con máis de 1,5 millóns de remanente de tesourería

O Concello de Salceda de Caselas pecha o exercicio económico de 2018 con máis dun millón e medio de euros de remanente de tesourería. Estes resultados, segundo a concelleira de Facenda, Loli Castiñeira, "reflicten unha situación de Estabilidade Orzamentaria", dando cumprimento ó establecido na Lei Orgánica 2/2012, que permite que o Concello faga fronte ós gastos correntes e de capital.

Salceda acolle o 'Who Rules Galicia' con máis dun centenar de participantes

A vindeira fin de semana terá lugar en Salceda de Caselas a III Edición do 'Who Rules Galicia', un evento internacional de break dance que este ano contará cunha numerosa participación de nenos e nenas, confirmándose xa que será o evento con maior participación dende a súa creación. O 'Who Rules Galicia' naceu en Vigo como plataforma para que a xuventude puidese amosar as súas habilidades no que a cultura urbana se refire, e por vez primeira sae da cidade olívica para aterrar, neste caso, en Salceda de Caselas.

O PSdeG-PSOE de Salceda realiza xuntanzas cos diferentes colectivos da vila

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas realizou durante toda a lexislatura e tal e como explica a súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Verónica Tourón, un plan de traballo "que consistiu en visitar as parroquias ano tras ano, levando a cabo xuntanzas para coñecer as inquedanzas da veciñanza e colectivos" e converterse, sinala a concelleira socialista "en voceiro de motidos deses colectivos" ante o que cualificou de "falta de comunicación" do goberno local.

Suscribirse a este canal RSS