O musical 'Os Rockenstein' chega ao auditorio este domingo día 5

O Auditorio Municipal de Ponteareas acolle, este domingo, 5 de maio, ás 19 horas, o musical 'Os Rockenstein' da compañía Malasombra Producións. Para aquelas persoas que así o desexen, a Concellería de Cutlura que dirixe Hortensia Bautista, pon ao seu dispor o servizo de reserva de entradas no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Concerto de Heredeiros da Crus en Baiona o 20 de abril

O vindeiro 20 de abril no parque da Palma, terá lugar o concerto do mítico grupo de rock galego 'Heredeiros da Crus', organizado polo Concello de Baiona coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra, a través do programa Musigal 2019. A mítica banda de Castiñeira (Ribeira-A Coruña) publicaron o seu primeiro disco 'A Cuadrilla de Pepa a Loba', un álbum que marcou un antes e un despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como 'Quero josar' o 'O fillo de José'.

  • Publicado en Baiona

'Ramonas on Tour', o feminismo a través do rock

“Un proxecto extraordinario, revolucionario, potente e intelixente para reivindicar a necesidade de reconstruír un mundo que non conta connosco. As mulleres estarán á fronte, nun espazo libre de agresións e de abusos”. Así definiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o espectáculo ‘Ramonas on tour’. Trátase dunha das principais actividades, xa programada e de interese xeral, incluídas na axenda cultural que a institución provincial puxo en marcha ao abeiro da folga feminista do 8 de marzo.

«Gran Cañón», cabeza de cartaz do Rock in Rio Tea 2018

O concello de Ponteareas e a organización da sexta edición do Rock in Río Tea presentaron o cartaz coa programación do que “posiblemente é o mellor festival gratuíto da provincia”, manifestou o alcalde ponteareán, Xosé Represas. Así, encabezando o cartel estará «Gran Cañón», financiada polo concello de Ponteareas, unha banda moi especial da que forman parte músicos consagrados da escena nacional, que ten ao fronte a voz máis importante do Rock and Roll en español na actualidade.

«III Carballeira Rock», cando Celeiros vístese de música

As 22 horas do vindeiro venres, 6 de xulllo e como acontece dende hai tres anos, Celeiros, en Ponteareas, vestirase de rock coa celebración da terceira edición do «Carballeira Rock» que, con tan só tres anos ás súas costas, xa é unha cita obrigada para os amantes do rock na súa máis pura esencia. O festival foi presentado pola concelleira de Cultura do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, e reponsables do Centro Cultural de Celeiros, organizadores do festival.

Ponteareas confirma a actuación do grupo «Gran Cañón» no «Rock in Río Tea»

O Concello de Ponteareas vén de incrementar o apoio ao festival «Rock in Río Tea» para, dese xeito, posibilitar a confirmación de «Gran Cañón» como cabeza de cartel. Grazas ao apoio do concello, á xestión da organización do festival e a relación estreita que mantén o líder do grupo con Ponteareas, a banda actuará no mes de xullo na sexta edición deste emblemático festival que xa é un referente en todo o país.

Celeiros, en Ponteareas, énchese de música co «II Carballeira Rock»

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas presentou hoxe a segunda edición do «Festival Carballeira Rock» que terá lugar este venres día 21 de xullo ás 23 horas na a parroquia de Celeiros. Trala boa acollida da primeira edición, o Centro Cultural San Félix de Celeiros, que organiza o evento, fixo un convite a todos os veciños e veciñas "a participar nesta segunda edición na que haberá servizo de bar con bebidas e bocadillos quentes e frío a precios moi populares. Tamén haberá un posto de cervexa artesá Curuxa".

Rock na Rúa 2017

Como diría la voz en off más laureada del Condado en CORPUS CHRISTI “un año más Ponteareas se viste de flores“. Entra el mes de junio y el rock vestirálas calle de la villa del Tea. Rock acompañado por un pincho típico a la hora en la que las calles de Ponterareas son invadidas por su espíritu.

Suscribirse a este canal RSS