Os Reis Magos visitaron a Residencia Monte Santa Tecla

O venres 4 de xaneiro as súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila da Guarda para visitar a Residencia para a Terceira Idade Monte Santa Tecla no día anterior á Cabalgata de Reis.

Os Reis Magos chegan á Guarda

A programación de Nadal remata esta fin de semana na Guarda coa visita dos Reis Magos á Residencia de Maiores e a súa participación na Cabalgata Cabalgata de Reis. As súas Maxestades de Oriente visitan este venres día 4 de decembro pola tarde aos maiores na Residencia da Terceira Idade Monte Tecla, onde estarán acompañados pola Charanga Vaia Panda e o grupo Do Lusco ó Fusco, para animar e bailar cos nosos maiores nun día moi especial. Contarase tamén coa presenza do Alcalde, da Concelleira de Turismo e da Concelleira de Servizos Sociais.

Os Reis Magos chegan á Eurocidade Tui-Valença en Tren para comezar a cabalgata

A Eurocidade Tui-Valença recibe aos Reis Magos de Oriente este sábado, 5 de xaneiro, na décima edición da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que une as dúas cidades. A comitiva real estará formada por 150 persoas que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar. O punto de partida da Cabalgata é unha das principais novidades deste ano, xa que os Reis Magos de Oriente chegan a Valença en tren.

  • Publicado en Tui

O CB Nigrán acode a súa cita cos Reis Magos

O C.B. Nigrán inicia este ano 2019 participando na primeira edición dos 'Encontros Deportivos de Reyes' ,organizados polo colexio Apóstol Santiago de Vigo, no que tamén participarán clubs como o Celta ou o Seis do Nadal entre outros. O club de Nigrán acudirá co seu equipo benxamín e un dos seus alevíns que disputarán, cada un deles, tres partidos ao longo da mañá.

  • Publicado en Nigrán

Os Reis Magos visitan o 'CSCD As Pedriñas' de Mos

O Centro Socio Cultural e Deportivo As Pedriñas de Mos vén de anunciar que o vindeiro venres, 4 de xaneiro, ás 17 horas, as súas maxestades os Reis Magos de Oriente visitarán a cantina do Territorio Cultural as Pedriñas, onde todos os nenos e nenas poderán entregarlle as súas Maxestades as súas cartas e, amais, poderán gozar dunha chocolatada totalmente de balde. Achéganse, sen dúbida, os días máis emocionantes do Nadal para os máis pequenos e pequenas.

  • Publicado en Mos

O concurso de debuxo infantil 'Os Reis Magos chegan a Oia' xa ten gañador

O xurado do concurso de debuxo infantil 'Os Reis Magos chegan a Oia', elixiu o traballo presentado por Mateo Gómez Giráldez, alumno de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Refoxos, como gañador do certame e, polo tanto e segundo establecen as bases, ilustrará o cartel anunciador da Cabalgata de Reis do 2019.

  • Publicado en Oia

Oia organiza un concurso de debuxo infantil sobre os Reis Magos

O Concello de Oia vén de anunciar a convocatoria dun concurso de debuxo infantil para que os máis pequenos poidan expresar cal é a súa visión sobre os Reis Magos. O traballo gañador ilustrará o cartel da Cabalgata de Reis deste vindeiro Nadal.

  • Publicado en Oia

Nenos e nenas de Arbo gozaron da Cabalgata dos Reis Magos

Un ano máis, os nenos e nenas do Concello de Arbo puideron gozar, na tarde de onte, da cabalgata dos Reis Magos que contou coa participación de máis de 50 nenos e nenas e de 20 Paxes Reais que tiñan a labor de axudar aos Magos de Oriente á hora de repartir os agasallos.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS