Regades e Caballero acompañan a Digna Rivas para explicar o proxecto socialista

As e os socialistas redondelás, coa candidata Digna Rivas á cabeza, mantiveron na noite de hoxe un encontro na Alameda de Chapela co secretario xeral provincial, David Regades, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. A candidata á alcaldía de Redondela quixo agradecer a presenza do secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, David Regades, no percorrido realizado polas rúas de Chapela.

Digna Rivas comprométese en Chapela coa “nosa cultura e a nosa lingua”

A candidata a Alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, participou hoxe nun acto que tivo como escenario a Alameda de Redondela no que reafirmouse na súa aposta “pola nosa cultura e pola nosa lingua, que non só son un patrimonio cultural, senón tamén unha sinal da nosa identidade como pobo”. Na mesma liña, Rivas deixou clara a súa intención de recuperar “o Día da Muiñeira, un referente cultural de primeira magnitude e que hoxe, como tantas outras cousas, por desidia e deixamento por parte do Goberno do PP, está case que desaparecido”.

Digna Rivas reúnese coa veciñanza de Cabeiro

A candidata do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Redondela, Digna Rivas, mantivo onte unha xuntanza coa veciñanza de Cabeiro no Centro Cultural da parroquia, de cara a darlles conta das actuacións que inclúe o seu programa de Goberno de cara a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas das parroquias. 

AER acusa ao goberno de Redondela de “destruír o graffiti máis senlleiro”

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de denunciar o que cualifica de "atentado irreparable contra o patrimonio inmaterial de Redondela" realizado polo Goberno local ao que, a formación asamblearia, acusa de "esnaquizar unha manifestación cultural popular que lembraba parte da nosa historia". AER asegura que "cos recheos na punta da praia na zona de 'Tolín', ou coas actuacións no Maceiras, Javier Bas "xa dera mostras de insensibilidade medioambiental. Agora demostra que tampouco ten respecto polo patrimonio cultural".

Digna Rivas participa na tradicional pegada de carteis de inicio de campaña

A candidata á alcaldía de Redondela polo PSdeG-PSOE, Digna Rivas, protagonizou esta noite a tradicional pegada de carteis coa que se abre, oficialmente, a campaña electoral das Municipais 2019. Acompañada polos homes e mulleres que conforman a súa candidatura, Rivas asegurou que, nesta noite “damos o primeiro paso para construír unha Redondela que afronte, con valentía e decisión, os retos de futuro que a convertan nun referente social, cultural e económico da provincia”.

“A mocidade non só é o futuro de Redondela senón tamén o seu presente”

“Sempre se di que os mozos e mozas sodes o futuro de Redondela pero eu estou convencida de que tamén sodes o presente e, como tal, debedes ter un papel activo na toma de decisións que afecten ao conxunto da cidadanía”. Esta foi unha das mensaxes que a candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, transmitiulles a un grupo de mozos e mozas cos que se reuniu este pasado mércores de cara a darlles a coñecer as propostas que, en materia de mocidade, inclúense no seu programa de goberno.

Redondela prepárase para a XXXIII edición da Festa do Choco

Redondela presentou esta mañá o programa da que será a 'XXXIII Festa do Choco", que se desenvolverá os días 10, 11 e 12 de maio. O alcalde de Redondela, Javier Bas, agradecía o traballo "daquelas persoas que fundaron a festa que loitaron por exaltar o choco de Redondela", agradecemento que facía extensivo "á Asociación de Empresarios e a todos os hostaleiros da vila pola exaltación deste produto".

A Comunidade de Montes do Viso denuncia o roubo de castiñeiros plantados recentemente

A veciñanza comuneira do Viso, en Redondela, non sae do seu asombro ao comprobar, este pasado lunes 6 de maio, como parte do arborado autóctono plantado no Escredo, foi roubado nun feito que a xunta directiva da Comunidade de Montes cualifica de "decepcionante" ao non ser capa de entender "que haxa persoas que insulten deste xeito ao traballo da veciñanza do Viso e dos voluntarios e voluntarias que axudan á rexeneración e coidado do monte veciñal“.

Suscribirse a este canal RSS