Preto de 200 deportistas de toda España, no 'Ponteved-Raid Val Miñor' de Nigrán

Nigrán será sede este fin de semana do 13 e 14 de abril da segunda proba da Liga Nacional de Raids de Aventura, respaldada pola Federación Española de Orientación (FEDO) e a Galega co apoio do Consejo Superior de Deportes e LaLiga4Sports e o propio Concello de Nigrán. Trátase da primeira vez que a comarca de Vigo celebra unha proba que combina orientación e deporte, competindo nela 178 corredores de toda a península repartidos en 61 equipos de 3 membros.

  • Publicado en Nigrán

«III Raid do Condado-Marqués de Vizhoja»

O Concello da Cañiza acolleu a presentación do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, Campionato de España de Raids de Avenuras, organizado polo Club Cornelios, www.cornelios.es, que se celebrará o fin de semana, 15 e 16 de setembro, nos concellos de Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves e Arbo.

O II Raid do Condado-Marqués de Vizhoja decide ao campión galego

Durante o pasado fin de semana a Comarca do Condado foi o escenario do Campionato Galego de Raids de Orientación, última proba da liga Española de Raids de Aventura.
A carreira fora aprazada polos terribles incendios que arrasaron unha das zonas Cero desta catástrofe: As Neves; deixando impracticable o terreo por onde ía transcorrer parte da proba.

Todo preparado para o «II Raid do Condado-Marqués de Vizhoja»

A fin de semana do 21 e 22 de outubro, O Condado acollerá o «II Raid do Condado Marqués de Vizhoja», proba puntuable para as ligas Galega e Española de Raids de aventura, sendo ademais o Campionato Galego de Raids da tempada 2017.A proba terá un percorrido total de máis de 170 km, que transcorrerá polos Concellos de Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño e A Cañiza.

'II Budiño Raid-Terras do Louro', última proba da Liga Galega de Raids

O alcalde de Saleda de Caselas, Marcos Besada, xunto co tenente de alcalde do Porriño e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera; a concelleira de Educación do Porriño, Lourdes Moure, a concelleira de Deportes de Salceda, Carla Pérez; o organizador da proba, Carlos Amil, e o presidente da Comunidade de Montes de Budiño, Luis Martínez, presentaron esta mañá na Casa do Concello do Porriño o ‘II Budiño RAID-Terras do Louro’, que se disputa este sábado e será a última das catro probas da liga Galega de Raids de Orientación 2016.

Éxito de participación no I Raid do Condado-Marqués de Vizhoja

Máis de 160 participantes procedentes de Galicia, Estremadura, Madrid, Euskadi e Portugal, déronse cita esta fin de semana nas terras do Condado para participar nas probas de I Raid do Condado-Marqués de Vizhoja; proba puntuable para as ligas Galegas e Españolas de Raids de aventura. O evento, organizado polo Club Cornelios e patrocinado por Adegas Marqués de Vizhoja, tivo un percorrido total de máis de 160 km, que transcorreu polos Concellos de Arbo, As Neves e Salvaterra de Miño.

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS