A produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda

A Casa dos Alonsos da Guarda acolle o vindeiro venres, 29 de marzo, un encontro sobre a produción de sal entre a Protohistoria e a Antigüidade na Costa da Guarda e Viana do Castelo. O sal desempeñou un papel de grande importancia na economía da Antigüidade. Con usos domésticos, simbólicos e médicos de todo tipo, foi sobre todo un compoñente fundamental na industria de salgadura, tanto no comercio de peixe salgado como na preparación de prebes.

Suscribirse a este canal RSS