Chus Garrote advirte que o PP "quere dilatar a aprobación do PXOM"

A candidata socialista e Concelleira de Urbanismo, Chus Garrote, advirte que "o Partido Popular so quere dilatar a aprobación do PXOM e confundir á cidadanía actuando de maneira irresponsable a súa voceira Belén Villar nas súas funcións como concelleira da oposición". A concelleira socialista lémbralle á popular Belén Villar que "en novembro de 2018 abriuse un período de detección de erros para todo o mundo, canto máis para os concelleiros da oposición aos que se lles trasladou o documento nese mesmo mes contando tamén con liña directa co equipo redactor".

Alejandro Lorenzo presenta un equipo "comprometido e capaz para reconstruir O Porriño"

O candidato dos populares á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe ás 27 persoas que o acompaña no equipo cara as vindeiras eleccións municipais. Arroupado polo presidente provincial, Alfonso Rueda, e polos simpatizantes e amigos que acudiron ao acto, Lorenzo presentou oficialmente ao seu equipo, un grupo comprometido coas súas parroquias e o seu pobo", mulleres e homes de todas as idades que traballarán arreo ao lado do que para eles é o mellor alcalde para O Porriño.

Alejandro Lorenzo pecha tres mandatos en Chenlo para optar á Alcaldía do Porriño

O Centro Cultural de Chenlo acolleu onte o peche da lexislatura de Alejandro Lorenzo como alcalde pedáneo de Chenlo e a presentación do novo candidato popular á pedanía, Jacobo Alonso. Tras tres mandatos ao frente da ELM de Chenlo, Alejandro Lorenzo despediu esta etapa para encarar a súa candidatura á Alcaldía do Porriño dende onde, adiantou, seguirá a traballar por e para Chenlo e por e para O Porriño.

Belen Villar asegura que no PXOM "se fixeron grandes cambios prexudicando a moitos veciños"

A voceira e candidata do PP, Belén Villar, asegurou hoxe que o Goberno local "non foi quen de sacar adiante o PXOM nestes últimos catro anos" ao mesmo tempo que denuncia "que agora busque aprobalo en plena campaña sen presentar nas comisións os novos planos, as supostas novas modificacións, cunha total inseguridade que desde logo o grupo que lidero non vai apoiar”.

Belén Villar presenta "un equipo renovado" que vai "saír a gañar"

A candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou ás 30 persoas que a acompañan na lista ás próximas eleccións municipais. Ao acto acudiu o presidente provincial, Alfonso Rueda, e máis de duascentas persoas entre simpatizantes, amigos e familias dos candidatos. Villar agradeceu o traballo prestado por edís de anteriores corporacións e resaltou que recollía a testemuña de xente moi válida e traballadora.

O Porriño duplicará a contratación de persoas desempregadas para servizos municipais

O Porriño dobrará a contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos municipais e para os Obradoiros de emprego. Así o anunciou onte o candidato á alcaldía, Alejandro Lorenzo, tras obter o compromiso do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, de poder modificar as ordes que establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación de persoal e para os Obradoiros de emeprego, dando opción aqueles Concellos que así o soliciten a financiar a contratación de máis persoas.

O PSOE ponteareán denuncia "a fuxida de concelleiros do PP e ACiP" do Pleno

O Partido Socialista de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Chus Garrote, denunciou hoxe o que cualifica de "fuxida de concelleiros do Partido Popular e ACIP na metade da sesión plenaria", algo que Garrote sinala como "vergoñoso e inadmisible". “O que fixeron PP e ACIP foi insultar aos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirma a concelleira socialista.

Suscribirse a este canal RSS