Vanesa Fernández alerta sobre o risco de "non ter dúas ambulancias 24 horas"

A concellería de Sanidade do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, alertou sobre o risco de que Ponteareas "non vaia a contar con dúas ambulancias 24 horas para as urxencias sanitarias". Segundo a concelleira ponteareá, "nas condicións que a Xunta de Galicia recolle na convocatoria para o concurso do servizo, non se esixe un mínimo de dúas ambulancias as 24 horas".

Ponteareas adxudica o asfaltado e renovación do saneamento da avenida Rosalía de Castro

O Concello de Ponteareas adxudicou as obras de asfaltado e renovación do saneamento da Avenida Rosalía de Castro. A actuación inclúe tamén a rotonda situada na parte posterior da Casa do Concello e rotonda do Axente Comercial. O importe das obras acada case os 100.000 euros e serán financiadas "con parte do resultado económico positivo do ano 2017 que permite ao Concello dispoñer de recursos económicos para obras e servizos", explica o Goberno local.

Belen Villar asegura que no PXOM "se fixeron grandes cambios prexudicando a moitos veciños"

A voceira e candidata do PP, Belén Villar, asegurou hoxe que o Goberno local "non foi quen de sacar adiante o PXOM nestes últimos catro anos" ao mesmo tempo que denuncia "que agora busque aprobalo en plena campaña sen presentar nas comisións os novos planos, as supostas novas modificacións, cunha total inseguridade que desde logo o grupo que lidero non vai apoiar”.

ACiP anuncia a creación de 500 prazas de aparcamento "nos 100 primeiros días"

Alternativa Ciudadana de Ponteareas vén de presentar unha batería de medidas "para os primeiros cen días de Goberno", sinala o seu portavoz Juan Carlos González Carrera. Entre estas medidas atópase a "creación de 500 prazas de aparcadoiros públicos ou a mellora da seguridade nos pasos de peóns" para dar solución a un problema, como o do tráfico, "que de rebote está afectando ao comercio e á hostalería".

Ponteareas reforma catro das 'vivendas dos mestres' para emerxencia social

O goberno de Ponteareas vén de dar inicio as obras de restauración e rehabiltación de catro vivendas das antigas casas dos mestres, ubicadas na rúa dos Mestres e propiedade municipal, das que dúas delas están destinadas a emerxencia social. As obras contan cun orzamento total de 180.213,77 € que  son financiados polos fondos europeos de desenvolvemento sostible dentro da estratexia “Ponteareas, hábitat saudable”..

Belén Villar presenta "un equipo renovado" que vai "saír a gañar"

A candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou ás 30 persoas que a acompañan na lista ás próximas eleccións municipais. Ao acto acudiu o presidente provincial, Alfonso Rueda, e máis de duascentas persoas entre simpatizantes, amigos e familias dos candidatos. Villar agradeceu o traballo prestado por edís de anteriores corporacións e resaltou que recollía a testemuña de xente moi válida e traballadora.

Cs Ponteareas mantén reunións cos colectivos veciñais para dar a coñecer o seu proxecto

O candidato de Ciudadanos por Ponteareas, Víctor Manuel Soto, xunto cos membros da súa candidatura, están a manter diferentes reunións con distintas asociacións do municipio co fin de dar a coñecer o seu novo proxecto político en Ponteareas. O contacto directo cos veciños "ten unha relevancia especial na forma de facer política de Ciudadanos e por iso, un dos obxectivos do noso programa é a modernización do Servizo de Información e Atención ao cidadán no Concello", sinalan dende Cs.

Xosé Represas: “A candidatura do BNG representa o mellor de Ponteareas”

Ante varios centos de persoas que encheron o salón de actos do Centro Artístico Sportivo, o BNG de Ponteareas presentou o pasado sábado a súa candidatura completa ás eleccións municipais. Ademais do alcalde e candidato á reelección, Xosé Represas, no acto interviñeron diferentes candidatos, entre eles os actuais edís Miguel Bouzó, Verónica Carrera e Cristina Fernández, así como o anterior portavoz nacionalista Roberto Mera.

Suscribirse a este canal RSS