Belén Villar: "o Corpus ten que estar presente en Ponteareas durante todo o ano"

A candidata do PP á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentoulle as asociacións de Alfombristas a súa proposta para impulsar a promoción do Corpus Christi de Ponteareas. Villar explicou que o Concello ampliará no calendario os festexos da celebración e que é necesario a creación dun museo no que todos aqueles que visiten Ponteareas, ao longo do ano, poidan coñecer a historia, a festa, as alfombras e todo o que vira en torno ao Corpus Christi. “Temos que crear un espazo físico no que calquera veciño ou turista poida facer un repaso da historia, descubrir todo o relacionado co Corpus”.

O ministro de Cultura, José Guirao, e Gonzalo Caballero en Ponteareas con Chus Garrote

O ministro de Cultura, José Guirao, e o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE acompañaron este xoves á candidata socialista á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote. O titular de Cultura puido visitar o Concello de Ponteareas e un dos emblemas do patrimonio ponteareá, o Castro de Troña. “Un dos meus obxectivos como alcaldesa é por en valor o noso patrimonio como punto de atracción turística”, subliñou Chus Garrote.

Reclaman ao Concello 180.000 euros polo retraso do PXOM

O retraso na aprobación do PXOM continua provocando novas ameazas de prexuizos económicos para o Concello. Recentemente facíase público que a ausencia de PXOM suporá o pago mensual de 2.000 euros aos propietarios dos terreos do parque Ferro Ucha. Os terreos foran cedidos en 2012 de forma anticipada ao goberno presidido por González Solla, coa condición de que o PXOM se aprobase antes de catro anos e coa penalización de 2.000 euros mensuais en caso contrario.

222 xadrecistas citáronse no VI torneo escolar Ramiro Sabell

O concello de Ponteareas felicita ao Club Xadrez Ramiro Sabell polo éxito do VI torneo escolar Ramiro Sabell pola xornada deportiva convocada o 17 de maio na que participaron 222 xogadores de 25 clubes galegos.
En colaboración co concello, co IES Val do Tea, o CEIP Mestre Ramiro Sabell e a Federación Galega de Xadrez, o club ponteareán agradece a todos os e as participantes a súa deportividade e felicita aos e ás gañadoras.

Esquerda Unida de Ponteareas lamenta a utilización enganosa do PXOM por parte do Goberno

Esquerda Unida de Ponteareas asegura que o PXOM non podería de ningún xeito ser aprobado neste mandato por non estar aínda entregado o documento con todas as modificacións, nin contar co necesario estudo económico, nin cos informes da oficina técnica, intervención nin secretaría, algo que saben perfectamente os partidos da Xunta de Goberno. Así mesmo dende a organización de esquerda, denuncian que se están a levar a cabo presións aos técnicos municipais para que realicen informes sen tempo suficiente para estudar as modificacións.

ACiP solicita un debate público con todas as candidaturas de Ponteareas

O candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, Juan Carlos González Carrera, ven de presentar por rexistro de entrada no Concello unha petición ao alcalde, para que este leve adiante un debate público cos candidatos e candidatas á Alcaldía do municipio de tódalas formacións políticas que concorran nestes comicios.

Suscribirse a este canal RSS