Pedro Pereira encabeza a candidatura do BNG á alcaldía do Porriño

O Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego aprobou, na súa reunión do sábado en Santiago, a candidatura de Pedro Pereira á alcaldía do Porriño nas eleccións municipais do vindeiro 26 de maio. A decisión fora tomada na Asemblea Local, á proposta do Consello Local e ratificada posteriormente polo Consello Comarcal. "De ampla e contrastada experiencia na política municipal", subliña o BNG, Pedro Pereira é o actual voceiro do grupo nacionalista no concello do Porriño.

ACiP presenta, o sábado 15, o seu candidato á alcaldía de Ponteareas

"Logo da última xuntanza mantida, o comité executivo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de aceptar a proposta de candidato á alcaldía da vila designada pola Xunta Directiva desta formación". Unha candidatura, sinala no seu comunicado Alternativa Ciudadana, "que trata de reflectir o sentir de afiliados e dos simpatizantes máis achegados a este grupo político, formada por un equipo xove pero con ampla experiencia na vida política municipal".

Digna Rivas: “Das primarias sairá unha alternativa seria para o goberno de Redondela”

Mañá domingo, por primeira vez na súa historia, o PSdeG-Redondela celebrará unhas primarias para que, a militancia, elixa a persoa que encabezará a candidatura socialista nos comicios municipais de maio do 2019. Terán que elixir entre Olga Rodríguez e Digna Rivas e, polo tanto e pase o que pase mañá nas urnas, será a primeira vez que unha muller encabece unha candidatura socialista nunhas municipais no que é o cuarto municipio da provincia por número de habitantes.

Eva García de la Torre solicita a "baixa temporal" no PSdeG-PSOE

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, vén de solicitar a súa "baixa temporal" coma militante do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE) "en tanto non se resolva o procedemento xudicial no que ten que declarar o vindeiro día 22 deste mes", sinala un comunicado do Goberno local porriñés.

O PSOE de Salceda pide "transparencia na xestión" e acceso á información

As concelleiras do grupo municipal socialista de Salceda de Caselas, Verónica Tourón e Gela Ledo, presentaron unha iniciativa o Pleno da Corporación para instar ao alcalde á que lles dea "acceso á información solicitada en tempo e forma". A voceira socialista, Verónica Tourón, afirma que “en moitos casos temos que esperar pola documentación solicitada máis de catro meses, ó igual que para poder consultar o rexistro, e iso non é de recibo”

O BNG culmina a renovación do seu Grupo Municipal en Mondariz Balneario

O BNG rematará o proceso de renovación do seu Grupo Municipal en Mondariz Balneario coa toma de posesión, como concelleiro, de Mauro Chivite no vindeiro Pleno, que se celebrará neste mes de xuño. Esta incorporación, sumada á recente entrada na corporación municipal de Marcos De La Fuente, supón a substitución de Alicia Lorenzo e Francisco Chivite, quen até agora exercía como portavoz nacionalista.

A oposición de Ponteareas rexeita o proxecto de rede de calor

Era o segundo Pleno extraordinario en 24 horas e o segundo intento do Goberno local de Ponteareas de tentar sacar adiante o proxecto de rede de calor. Era, por outra banda, un intento tamén de salvar a subvención dun millón de euros que o INEGA daba para esta iniciativa encamiñada a substituir o gasoleo de calefacción dos edificios públicos por enerxía procedente da biomasa.

Sobre a polémica da «produtividade»

Estes días está a xerar polémica na opinión pública o feito de que o Pleno de Ponteareas aprobara un regulamento para o pago da produtividade entre o persoal municipal. A cuestión foi presentada en diversos medios de comunicación, incluíndo cadeas de televisión de ámbito estatal, coma un «premio» por ir ao traballo.

Suscribirse a este canal RSS