O PSOE ponteareán denuncia "a fuxida de concelleiros do PP e ACiP" do Pleno

O Partido Socialista de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Chus Garrote, denunciou hoxe o que cualifica de "fuxida de concelleiros do Partido Popular e ACIP na metade da sesión plenaria", algo que Garrote sinala como "vergoñoso e inadmisible". “O que fixeron PP e ACIP foi insultar aos veciños e veciñas de Ponteareas”, afirma a concelleira socialista.

O pleno de Ponteareas aproba os primeiros proxectos de colocación de iluminación led

O goberno de Ponteareas ven de iniciar a renovación da tecnoloxía de iluminación pública priorizando as zonas con maior risco de accidente nas que conflúen unha alta densidade de poboación e de tráfico en distintas estradas tanto estatais como autonómicas ou provinciais. O Concello investirá 114,301 € na adquisición de tecnoloxía led e procederá a substitución da actual, así o acordou por maioría contando con apoio de EU e cinco concelleiros do Partido Popular ao votar en contra e non seguir a disciplina de voto do partido, dous concelleiros do Partido Popular.

A Guarda aproba a Conta Xeral do 2017

O Concello da Guarda ven de aprobar a conta xeral do exercicio 2017 na sesión plenaria do pasado venres, algo que, segundo o Goberno local, supón "unha boa nova para o municipio". Nestes momentos estase a elaborar a liquidación ao exercicio correspondente ao 2018 e "se pode adiantar que os saldos en bancos a data 31 de decembro de 2018 é de 1.362.519,38 € e que, por primeira vez, a débeda con bancos sitúase en 0 €", sinalan dende o executivo que preside Antonio Lomba.

  • Publicado en A Guarda

O Porriño propón ampliar en 500.000 euros a partida do servizo de axuda domiciliaria

O Goberno local do Porriño levará ao Pleno da Corporación para a súa aprobación unha modificación orzamentaria cunha ampliación de 500.000 € no capítulo da Axuda Domiciliara Municipal que, coma salienta a alcaldesa, “pasaría de 300.000 € a 800.000 € este ano 2019”. Eva García de la Torre indica que este incremento estaría destinado a acabar coas listas de agarda, faría posible aumentar o número de horas de atención ás persoas que o precisan e afrontaría, tamén, a subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) a 900 €, aprobada polo Goberno de España.

O Pleno de Ponteareas esixe ao Estado un convenio viable para a circunvalación

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, convocou para onte martes 8 de xaneiro un Pleno extraordinario monográfico sobre a Circunvalación "para dar unha resposta unitaria á proposta de convenio remitido polo Ministerio de Fomento no que reduce a 7 millóns de euros os 21 millóns previstos nos orzamentos do Estado". A moción, que foi aprobada cos votos de todas as forzas políticas da Corporación agás EU, xa fora consensuada previamente por todos eles estando de acordo a Plataforma Veciñal das parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo.

O Pleno aproba o proxecto de pavimentación do último tramo da estrada a Cillarga

O Pleno de Ponteareas aprobou, por unanimidade, o proxecto de pavimentación do último tramo da estrada de Cillarga co que se mellorarán 840 metros dunha estrada que levaba anos en estado de abandono e que permite acurtar a comunicación cos veciños do barrio de Cillarga. Esta obra ven a completar as dúas fases anteriores e conta cun orzamento de 64.106 € que o Goberno que preside Xosé Represas prevé financiar con cargo ao plan Concellos e con fondos propios.

Tomiño aproba unha nova ordenanza que contempla axudas para casos de emerxencia social

O Concello de Tomiño aprobou de forma definitiva o pasado venres no transcurso do Pleno, unha nova ordenanza en materia de Benestar Social, que foi votada de maneira unánime polos membros da Corporación Local. A nova ordenanza pretende establecer unha serie de dereitos e recursos dentro do Programa de Inclusión Social, xerais e específicos para a cidadanía da localidade en risco de exclusión social.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS