Dúas achegas de máis de 93.000 euros pechan o Plan Concellos de Gondomar

O Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante senllas resolucións presidenciais, dúas achegas para o concello de Gondomar por un valor total de 93.491,71 euros, pechando así o Plan Concellos deste ano. En concreto, 47.804,68 euros serán destinados á pavimentación do camiño do cemiterio de Mosteiro e outros 45.687,03 euros van financiar a pavimentación da estrada de Vilarés (Vilaza) e da Pista do Castelo (Chaín). No ano 2019 a institución provincial pon a disposición de Gondomar ao través do Plan un total de 1.003.879,76 euros, un 3,5% máis que no 2018.

  • Publicado en Gondomar

A Deputación incrementa ata os 5,2 millóns o Plan Concellos 2019 no Condado-Paradanta

O goberno da Deputación destinará este próximo ano 2019 ás comarcas do Condado-Paradanta ao través do Plan Concellos un total de 5.183.038,65 euros, o que supón un incremento do 3,4% con respecto ao exercicio anterior. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, definiu o Plan Concellos como “o corazón dos investimentos na provincia para poñer a disposición dos concellos mais recursos que nunca na súa historia”. A presidenta puxo en valor “os centos de obras feitas co Plan, obras imprescindibles, dotacións, equipamentos, saneamento, abastecemento, políticas sociais, de igualdade, medio ambientais ou de creación de emprego”

A Deputación aproba unha nova achega de 140.000 euros do Plan Concellos para Ponteareas

O goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento destinado ao concello de Ponteareas ao abeiro do Plan Concellos 2018. Con esta partida de 136.170,16 euros a vila poderá financiar o proxecto de ampliación e mellora dun viario público en Duca, na parroquia de Santiago de Oliveira. Ademais desta achega, o goberno provincial a través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio de Ponteareas.

Dúas últimas achegas por 27.000 euros pechan o Plan Concellos de Mondariz

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante sendas resolucións presidenciais, dúas axudas ao concello de Mondariz por un valor de 27.079 euros para a adquisición dunha rozadora de brazo, unha rozadora de asento e outra rozadora profesional de man. Así, con estes investimentos Mondariz pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 877.689,41 euros, un 74,58% máis que en 2017.

  • Publicado en Mondariz

O Porriño pecha o Plan Concellos cunha nova achega de máis de 18.000 euros

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolución presidencial, unha axuda ao concello de O Porriño por un valor de 18.129,02 euros para financiar o mobiliario da biblioteca municipal da vila. Así, con este investimento O Porriño pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 1.883.863,81 euros, un 79,05% máis que en 2017.

A Deputación destina máis de medio millón a catro municipios dentro do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar novos investimentos nun total de catro municipios da provincia no marco da liña 1 do vixente Plan Concellos. Trátase dun total de catro partidas por un total de 515.487,84 euros coas que Dozón, Redondela e Sanxenxo pechan o Plan Concellos 2018 e Arbo, que xa o completou, recibe o primeiro investimento con cargo ao Plan de 2019.

Digna Rivas anuncia unha nova achega da Deputación de 180.000 euros para Redondela

A deputada provincial, Digna Rivas, confirmou hoxe que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe unha importante achega á Redondela de 181.024,25 euros coa que ademais, a vila pecha o Plan Concellos deste ano 2018. Trátase dun investimento destinado a financiar a reparación e mellora do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela e que resolverá os problemas funcionais e de salubridade que ten o edificio, principalmente na cuberta e nos locais que alberga e que usan diferentes entidades da vila.

A Deputación aproba un novo investimento do Plan Concellos para Baiona

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega para o concello de Baiona, por un importe total de 167.319,48 euros. Con esta actuación o municipio pontevedrés pecha o Plan Concellos deste ano, ao través do cal o goberno provincial destinoulle 1.582.966 euros, un 76,71 % máis que en 2017.

  • Publicado en Baiona
Suscribirse a este canal RSS