A Deputación anuncia que as axudas do 'Plan Concellos' estarán transferidas antes do verán

O “Plan Concellos 2016” estará transferido na súa totalidade aos concellos antes do verán, segundo sinalou hoxe en rolda de prensa, o deputado provincial de Cooperación da Deputación de Pontevedra, David Regades. De feito dende a administración provincial salientan que no primeiro trimestre do ano, "xa se teñen concedidos 13 millóns de euros o que representa o 31,75 por cento da totalidade do plan".

Tui investirá máis de 700.000 euros do 'Plan Concellos' en obras

Tui dispón neste ano 2016 de 952.324,40 mil euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, son 200 mil euros máis que na anualidade anterior segundo explicou hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que compareceu en rolda de prensa para dar a coñecer os proxectos aos que se destinarán estes cartos acompañado polos concelleiros Yolanda Rodríguez, Carme Núñez, Miguel Capón, José Martínez, e Laureano Alonso.

  • Publicado en Tui
Suscribirse a este canal RSS