A Deputación inviste preto de 95.000 euros en tres novas actuacións en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de Ponteareas ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 94.293,49 euros. Máis polo miúdo, destinaranse 24.300,83 euros ao acondicionamento da área recreativa A Freixa; outros 26.086,20 euros para financiar a instalación de alumeado nas pistas de tenis na área recreativa da Freixa; e, por último, 43.906,46 euros para a ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Moreira.

A Deputación financia dúas novas actuacións en Gondomar con máis de 145.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobou en Xunta de Goberno dous novos investimentos por un valor de 145.030,80 euros para Gondomar con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, destínanse 81.530,80 euros para a humanización da interconexión das rúas san Bieito e Emigrante coas estradas de Peitieiros e Chaín-Morgadán, e outros 63.500 euros para financiar as obras de mellora da pavimentación en camiños municipais nos barrios de Guntín, As Regadas e Boucelos (Borreiros).

A Deputación aproba dous novos investimentos para Tui de preto de 165.000 euros

A Deputación de Pontevedra aprobará este próximo venres, en Xunta de Goberno, dous novos investimentos por un valor de 164.707,44 euros para Tui con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 94.759,04 euros para a reforma da rede de saneamento e melloras na drenaxe e ventilación da cámara na planta baixa dun edificio de vivendas en Caldelas, e outros 69.948,40 euros para financiar o acondicionamento do parque de Areas.

  • Publicado en Tui

O venres remata o prazo para os 43 postos de traballo que oferta Ponteareas

O Concello de Ponteareas vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro venres, 22 de marzo, remata o prazo para presentar na oficiña de emprego a documentación de acceso aos 43 postos de traballo que se ofertan dentro do 'Plan Concellos' no que, concello e Deputación de Pontevedra, destinan máis de 600.000 euros á contratación de persoas desempregadas.

A Deputación financia a urbanización da rúa Cal na Guarda

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para A Guarda con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 61.822,71 euros cos que a vila poderá financiar a urbanización da rúa Cal entre os números 124 e 138.

Máis polo miúdo, a actuación comprende as obras de urbanización e mellora dos servizos existentes na rúa Cal, a realización dun carril para vehículos en sentido único e a execución dunha rígola central para recollida de pluviais. Amais, tamén se van a realizar as demolicións e levantado do pavimento actual, obras para a apertura da caixa e gabias de instalacións, a renovación da canalización de saneamento e pluviais separativa, a execución dos pozos de rexistro, e execución da nova rede de abastecemento.

A Deputación destina preto de 115.000 euros á ao saneamento de Arcos en Bugarín

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento de 113.980,63 euros do Plan Concello para realizar obras de mellora do saneamento nas parroquias de Arcos e Bugarín no Concello de Ponteareas. Este ano a institución provincial pon a disposición do municipio do Tea, ao través do Plan, un total de 1.208.481,9 euros, un 4,31% máis que no 2018.

Suscribirse a este canal RSS