Gastronomía e Arte, da man na Guarda nunha nova edición de «Petiscos con Arte»

O Concello da Guarda organiza, a través da Concellería de Turismo, unha nova edición da Ruta «Petiscos con Arte», un evento que conxuga a gastronomía e a arte para ofertar aos participantes unha experiencia para os sentidos. A Ruta “Petiscos con Arte” terá lugar as dúas fins de semana da segunda quincena de novembro, os días 16, 17, 23 e 24 en horario de mañá de 12:00h a 14:00h e tarde 19:00h a 21:30h.

  • Publicado en A Guarda

Arte e gastronomía danse a man na Guarda na ruta «Petiscos con arte»

Para este vindeiro mes de novembro o Concello da Guarda vén de promover unha nova ruta gastronómica na que, nunha iniciativa tan interesante como atractiva, mesturará a gastronomía con exposicións de arte (pintura, escultura, fotografía,...) nos propios establecementos. «Petiscos con arte», así se chama esta innovadora iniciativa, desenvolverase os venres e sábados das dúas últimas fines de semana de novembro.

Suscribirse a este canal RSS