Pacto AporM-PSOE, 16 medidas para o progreso de Mondariz

Alternativa por Mondariz e PSdG-PSOE asinaron un pacto de goberno para todo o mandato baseado en 16 medidas, un pacto baseado, segundo os asinantes, no traballo en común e a reciprocidade. Búscase co pacto asinado crear un goberno estable que permita centrar os esforzos na procura do benestar para todos os veciños e veciñas.

BNG, PSOE e RIADA presentan o acordo programático e de xestión do goberno

Tal e como habían anunciado no seu momento, no quixeron deixalo para última hora e crear unha falsa sensación de improvisación. BNG, PSOE e Riada pechaba na mañanciña de onte o pacto para gobernar Ponteareas durante os vindeiros catro anos e esta mañá daban a coñecer o acordo nun encontro cos medios de comunicación, celebrado diante da Casa do Concello que dirixirán a partir de mañá sábado, 14 de xuño.

BNG: “O PSOE debe escoller entre pactar coa dereita ou un goberno de esquerdas”

O Bloque Nacionalista Galego do Porriño vén de pedirlle ao PsdeGPSOE que elixa entre pactar coa dereita dos escindidos do Partido Popular agrupados en UDDL ou establecer un goberno de esquerdas. Para os nacionalistas, “todas as alternativas de gobernabilidade no Porriño –salvo o entendemento do PP con UDDL– parecen pasar pola conformación dun goberno en minoría”.

BNG, PSOE e RIADA pechan o acordo para un goberno de progreso

Nin houbo sorpresas, nin se quixo deixar todo para o último dia evitando, dese xeito, a sensación de improvisación que poderían dar acordos tomados horas antes da sesión de investidura do sábado 13 de xuño. BNG, PSOE e Riada do Tea pecharon hoxe un acordo sobre o programa a desenvolver nos vindeiros catro anos.

O BNG do Porriño rexeita participar nun goberno cos escindidos do PP

A Asemblea local do BNG do Porriño, rexeitou hoxe participar nun goberno no que tamén estean representados os escindidos do PP. Os nacionalistas fixeron unha avaliación das distintas alternativas logo de reunirse cos demais grupos políticos da futura corporación municipal e de a “escoitar as formulacións realizadas por estes para conformar un goberno alternativo ao PP”, explicaron hoxe fontes nacionalistas.

AER pon unha pataca quente no tellado do PSOE

A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de facer público un comunicado no que aclara a súa postura diante da sesión de investidura do vindeiro día 13 de xuño e, de paso, coloca unha pataca quente no tellado do PSOE ao sinalar que se votarán si mesmos.

O BNG non pactará ningunha fórmula que favoreza un goberno do PP no Porriño

O BNG do Porriño, a solicitude do Partido Popular do Porriño, reuniuse a semana pasada con representantes do PP dentro do marco de reunións para configurar un novo goberno para os vindeiros catro anos. Nesta reunión o PP manifestou a súa intención de gobernar en minoría así como a posibilidade de chegar a un pacto de goberno co BNG.

Suscribirse a este canal RSS