Últimos días para escoller os novos proxectos do Orzamento Participativo Transfronteirizo de Tomiño-Cerveira

Últimos días para que a cidadanía de Tomiño e Cerveira vote as dúas actividades que se desenvolverán ao longo de 2019 de forma conxunta en ambos os dous concellos ao acubillo da terceira edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT). Ata o vindeiro 16 de decembro as persoas residentes nestes dous municipios poderán escoller a través de votación telemática os seus dous proxectos preferidos entre os seis presentados e promovidos por 18 asociacións e entidades sen fins de lucro das dúas beiras do Miño.

  • Publicado en Tomiño

A Treboadas de Tomiño e Cerveira fan unha interesante achega para o Orzamento Participativo

Promover o intercambio cultural e turístico “entre dous concellos veciños e amigos” como son Cerveira e Tomiño. Ese é o obxectivo da iniciativa «Sabores da Aldeia e Sons das Treboadas Transfronteirizas», a proposta feita pola Asociación Treboada Baixo Miño e pola Asociación Cultural e Recreativa Bombos S. Tiago de Sopo para a segunda edición do Orzamento Participativo Transfronteirizo.

  • Publicado en Tomiño

Mellorar a formación artística do alumnado, proposta das Anpas aos Orzamentos Participativos

A Mesa das Anpas dos centros educativos veñen de presentar, por primeira vez, un proxecto para ser incluído no Orzamento Participativo Transfronteirizo que se desenvolve de xeito conxunto entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira, iniciativa pioneira na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. O proxecto presentado polas Anpas busca "ofertar formación e dinamización no ámbito artístico, tan escaso no currículo escolar”.

  • Publicado en Tomiño

Cerveira e Tomiño celebran a primeira Festa da Amizade

Os concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira levan anos colaborando e construíndo toda unha serie de accións para promover en conxunto. Neste marco promoveuse a Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza entre ambos municipios, que recentemente obtivo fondos europeos FEDER a través do programa INTERREG VA POCTEP.

  • Publicado en Tomiño

EU-Son O Porriño pedirá que o Concello poña en marcha os Orzamentos Participativos

O Grupo Municipal de EU-Son Porriño presentará unha moción no Pleno que se desenvolverá mañá, día 30, na Casa do Concello, pola que pedirá que o Goberno local se comprometa á implementación progresiva dos Orzamentos Participativos nunha parte dos Orzamentos. Na súa moción, Esqueda Unida tamén pide que neste primeiro ano, se faga unha campaña de formación e información sobre este tema, dirixido tanto á cidadanía en xeral coma ás asociacións e colectivos porriñeses.

Suscribirse a este canal RSS