O Concello de Ponteareas convoca unha praza de interventor interino

O Concello de Ponteareas iniciou o proceso de selección para cubrir a praza de Intervención Municipal en réxime de interinidade. A decisión da Xunta de Goberno Local xa foi publicada no Boletín Oficial da Provincia do pasado venres 24 de marzo. Esta medida adoptada polo Goberno que preside Xosé Represas permitirá cubrir a praza de Intervención Municipal, na actualidade vacante, polo sistema de concurso oposición.

Suscribirse a este canal RSS