Mellora da seguridade viaria na estrada A Ramallosa-Gondomar

Esta semana comezaron os traballos de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica PO-340 entre Gondomar e a Ramallosa. As actuacións que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas teñen como obxectivo mellorar mellorará a seguridade viaria do conxunto de usuarios e en especial dos peóns.

  • Publicado en Nigrán

Remate da senda peonil Priegue-Nigrán

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) vén de rematar as obras dunha senda peonil que transcurrre ao longo da estrada Vigo-Tui (PO-552) á altura da parroquia de Priegue, no Concello pontevedrés de Nigrán. Con esta actuación os veciños da zona poden camiñar desde a mencionada parroquia ata a entrada de Nigrán, empregando un itinerario máis seguro, completamente, habilitado ao efecto.

  • Publicado en Nigrán

Cortes na PO-252 Mondariz-Moscoso para mellorar o trazado

 A estrada PO-252 Mondariz-Moscoso permanecerá cortada ao tráfico en xeral, agás para o transporte escolar, entre os puntos quilométricos 2+000 e 2+600 ata o 18 de maio aproximadamente debido ás obras de mellora de trazado que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar.

Mellora de viales en Xinzo, Prado e Cristiñade

O Concello de Ponteareas saca a licitación pública obras de pavimentación de varios camiños por valor de máis de 127.000 euros. Varios viais das parroquias ponteareás de Xinzo, Prado e Cristiñade serán obxecto de renovación do firme e adecuación dos mesmos, afectando en concreto ao camiño que comunica o barrio do Coto co das Balsadas, en Xinzo, no Souto- Outeiro subida á igrexa, en Prado, e na Porteliña ás Cinco Esquinas, en Cristiñade.

Máis de 180.000 euros para tres obras

A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, conceder un total de 181.436 euros ao Concello de Gondomar para desenvolver tres obras: a humanización dunha parte da rúa Emigrante, construir unha segunda pista de tenis no Parque das Cercas e instalar unha estación de bombeo no lugar de Lousado, parroquia de Borreiros.

Acondicionamento da Avenida Reverendo José María Pérez

Nigrán solicita á Deputación de Pontevedra financiamento para a execución dun proxecto de acondicionamento da Avenida Reverendo José María Pérez a través do Plan de Obras e Servizos 2015 da administración provincial, unha actuación valorada en 170.000 euros.

  • Publicado en Nigrán

Mellora da Avenida de Praia América

A Deputación de Pontevedra concede a Nigrán unha subvención por valor de 25.933 euros, a través do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, para a mellora da seguridade viaria na Avenida Praia América, entre o campo de fútbol, o cruce coa Rúa Torrente Ballester e o acceso a Monte Lourido.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS