ACIP pide ao Concello que esixa á CHMS a reposición do lavadoiro das Cachadas

O grupo municipal de ACIP solicitou ao novo goberno local de Ponteareas que "non se de por decatado da finalización das obras de canalización do Regato dá Venda" ata que non se reparen os danos causados, durante as obras deste, ao lavadoiro Das cachadas. Os independentes de Ponteareas xa alertaran no 2014 sobre a posibilidade de que o lavadoiro quedara sen reparar unha vez rematadas as obras.

Máis de medio millón de euros na mellora do paseo do Louro

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e a alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo, supervisaron hoxe o resultado dos traballos de mellora do paseo do Louro, que hoxe mesmo abríronse para uso e desfrute dos veciños e visitantes do municipio.

  • Publicado en Mos

A Xunta inviste en Mos 85.000 euros en dúas obras de mellora viaria

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitaron na mañá de hoxe dous camiños da zona de Louredo nos que se realizan obras de mellora ao abeiro do Plan Marco 2014-2016, cofinanciado pola Consellería do Medio Rural e Mar e a Deputación Provincial de Pontevedra.

  • Publicado en Mos

Salceda humaniza a rúa Pontevedra

A rúa Pontevedra de Salceda presentará, en breve, un aspecto totalmente renovado, máis humanizada e máis accesible para os veciños e veciñas. A obra, que conta cun investimento superior aos 103.000 euros mellorará a conexión entre a Praza do Concello e a nova praza do Mercado de Abastos.

Ponteareas inicia as obras da pasarela metálica de acceso ao Barrio de Canedo

O Concello de Ponteareas vén de iniciar as obras da pasarela metálica de acceso ao Barrio de Canedo. As actuacións contan cun orzamento que está preto dos 190.000 euros. Os traballos teñen como principal obxectivo mellorar un tramo da vía de acceso a Canedo que na actualidade carece de beirarrúas, resultando perigoso para tránsito a pé. Para arranxar este problema, o concello construirá unha pasarela metálica a ámbolos dous da vía.

Suscribirse a este canal RSS