As Neves inicia o asfaltado, recuperación e mellora de pistas e camiños

O Concello das Neves, aproveitando a chegada do bo tempo, vén de iniciar un plan de asfaltado nos viais municipais de cara a rematalos nos vindeiros meses. Nestes momentos están en marcha traballos en Calvario (Rubiós) e Casal (Taboexa) amais o Concello sinalou que xa están adxudicadas as obras do acceso a Setados, no barrio de Lamela e de Gende en Rubiós.

Reunión técnica sobre o proxecto de mellora no Camiño de Lourido, Mougás

O Concello de Oia convoca unha reunión técnica para informar á veciñanza sobre o proxecto de ensanche e mellora do Camiño de Lourido (Mougás). A xuntanza celebrarase o mércores 20 de marzo ás 19:30 horas na Casa Cultural de Mougás. No encontro informarase sobre o proxecto e as afeccións a fincas particulares. As persoas propietarias tamén poderán preguntar dúbidas relativas á cesión de terreos así como outras cuestións técnicas.

  • Publicado en Oia

Ponteareas investirá máis de 170.000 € na mellora de viais nas parroquias

O goberno de Ponteareas acometerá melloras en distintos viais das parroquias por un valor total de 173.172 €, así foi aprobado hoxe no decurso do Pleno Extraordinario. A concelleira de Vías e Obras, a tenente de alcalde Chus Garrote, adiantou que se pavimentarán accesos de terra e se repavimentarán algunhas estradas que se atopaban en mal estado e que dan servizo a un gran número de poboación do rural.

Mos aproba a segunda fase da humanización de Cela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, aprobou a segunda fase do proxecto de humanización en Cela. Esta segunda fase humanizará a Estrada Generoso Domínguez desde o Camiño de Quinta ata a Igrexa de San Pedro de Cela. A obra conta cun orzamento base de licitación de 360.166,86 € máis IVE segundo consta no proxecto técnico redactado polo enxeñeiro en febreiro de 2019. 

  • Publicado en Mos

Reanúdanse as obras do Peri-4 de Sabarís, Baiona

Logo de dous anos de paralización, reanudáronse xa as obras nos dous bloques do Peri-4 de Sabarís. A concellería de urbanismo do Concello de Baiona contribuíu de xeito activo para que estes dous bloques, que albergan 73 vivendas, locais comerciais, garaxes e rochos, ademais de parcelas axardinadas privadas e piscina comunitaria, sexan finalizados tras un longo tempo sen actividade.

  • Publicado en Baiona

Máis de 380.000 € para mellorar a seguridade peoníl na estrada de Guláns

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu conta da aprobación polo Pleno da sinatura dun convenio coa Deputación de Pontevedra para a mellora da estrada E.P. 4004 que da acceso ao CEIP Feliciano Barrera de Guláns, á igrexa e ao cemiterio. Este convenio supón un investimento total de 382.858,96 €, o 80% do orzamento, 306.287,17 €, será aportado pola Deputación e pola súa parte o concello de Ponteareas investirá 76.571,79 € para as obras desta estrada.

Suscribirse a este canal RSS