Mos organiza unha charla sobre "educación dixital saúdable" en menores de 6 anos

O Concello de Mos organiza unha charla dirixida aos pais e nais de cativos menores de seis anos sobre a relación dos seus fillos e fillas coas novas tecnoloxías. A charla correrá a cargo de Alba Alonso Feijoó, da empresa Realkiddys e profesora no CEIP Mestre Martínez Alonso. Terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de marzo, ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas. A asistencia á mesma é de balde pero require de inscrición previa no teléfono 986 33 94 04 ou a través de correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • Publicado en Mos

Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

Baiona leva a fibra óptica ás súas parroquias

Grazas á inclusión no «Plan Banda Longa de Nova Xeración» da Administración Xeral do Estado e do «Plan Banda Longa 2020» da Xunta de Galicia, diversas parroquias do Concello de Baiona poderán comezar a gozar do acceso ultrarrápido e internet. As primeiras en beneficiarse  son, por unha banda, Igrexa, Cancelo, San Antón e Caeiro, e doutra banda Eidos, Fontes, Laxes, Rocamar, Covaterreña, Percibilleira, Medialdea, Urgal, Area, Xuncal, Outeiro, Ponche Novo, Sabarís e Viso de Calvos.

  • Publicado en Baiona

Ponteareas contrata a instalación de 31 puntos wifi e equipos informáticos nas parroquias

A concellería de Novas Tecnoloxías, que dirixe Benito Márquez, adxudicou a instalación de 31 puntos wifi, equipamentos informáticos e o seu mobiliario nas casas culturais das parroquias do Concello. A iniciativa supón un investimento de 106.000 euros con cargo aos fondos europeos do programa 'Ponteareas, Hábitat Saudable'. Con esta acción, o Concello pretende achegar as novas tecnoloxías ás parroquias e conseguir a alfabetización dixital nun intre no que se comeza a xeralizar a tramitación electrónica coas administracións.

Nigrán colabora coas teleoperadoras para levar a fibra óptica a núcleos con conexión deficitaria

O Concello de Nigrán está a colaborar coas diferentes teleoperadoras na implantación de fibra óptica nas zonas con peor cobertura de internet co obxectivo de que a finais de 2019 sexa unha realidade en todo o municipio. Froito desa colaboración nas pasadas semanas xa foi instalada en Prado e Rúa Torreiro (Priegue), Cabreira e Camiño das Presas (San Pedro) e Barrio do Rial e Paraviñabal (Panxón), polo que os usuarios xa a poden solicitar o servizo se é que non o están a recibir.

  • Publicado en Nigrán

Continúa na Guarda a programación formativa de «Comercio Innova Plus»

O Concello da Guarda continúa neste mes de xaneiro as actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila. Para o mes de xaneiro de 2019, están previstas tres novas sesións formativas que teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento.

Nigrán dota de equipamentos tecnolóxicos para novas terapias para as persoas con alzhéimer

O Concello de Nigrán vén de facer unha forte aposta polo reforzo na calidade do programa municipal de atención a persoas con Alzhéimer iniciado no 2016 dotándoo de novos equipamentos tecnolóxicos para o seu uso terapéutico. Así, os seus usuarios xa se poden beneficiar dunha sala snoezelen ou sala de estimulación e do software Gradior de rehabilitación neuropsicolóxica.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS