Baiona amosa a beleza da Foz do Miñor cunha visita guiada

O departamento de medioambiente do Concello de Baiona xunto co Obradoiro de Emprego Valmiemprega III, levaron a cabo unha visita guiada arredor do espazo protexido da Foz do Miñor, co gallo da celebración do Día Europeo da Rede Natura 2000, xa que este lugar está dentro de dita rede coa denominación de LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) e ZEC (Zona de Especial Conservación) coa denominación da Ramallosa.

  • Publicado en Baiona

XVIII Semana Verde

Os próximos días 26, 27 e 28 de xuño, o Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, en colaboración con ANPAS centros públicos escolares de Baiona, Protección Civil Val Miñor e a Concellería de Medio Ambiente organizan un novo programa da “Semana Verde”, acampada escolar que este ano 2019 establécese nas instalacións do Cámping Bayona Praia. A acampada, nace coa intención de desenvolver e fomentar as actividades na natureza, tanto desde a práctica deportiva como desde a formación integral e educativa dos escolares.

  • Publicado en Baiona

O Catálogo de Árbores Senlleiras, nos «Cuadernos de la Sociedad Española de Ciencias Forestales»

A elaboración do Catálogo de árbores senlleiras do concello de Tomiño, vén de ser obxecto dun artigo recentemente publicado na revista científica da Sociedad Española de Ciencias Forestales, no marco dun número que recolle as ponencias presentadas en novembro de 2016, nun simposio sobre árbores “singulares” celebrado en Lourizán (Pontevedra) e que pode ser consultado nesta ligazón.

  • Publicado en Tomiño

O 7 de novembro péchase a inscrición para o «II Trail Orixes» de Mondariz

Ata o vindeiro día 7 de novembro estará aberto o prazo de inscrición para participar no «II Trail Orixes», que organiza a Asociación Deportiva Mondariz e na que, os e as participantes poderán participar en calquera das súas tres modalidades, Maratón, de 46 quilómetros; Trail de 26 quilómetros e MiniTrail de 14 quilómetros.

  • Publicado en Mondariz

Roteiro polo río Uma

A oficina de voluntariado, Voltea, dependente da concellería de Benestar Social e Mocidade que dirixe Verónica Carrera, convídaos a participar no roteiro polo río Uma que terá lugar o venres 12 de outubro ás 10 horas.

A saída será na ponte do Cabalón, en Angoares, e durará aproximadamente tres horas. Todos e todas os que precisen máis información deberán contactar no número de teléfono 687 764 516 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Primeiros pasos da Deputación para un anel verde de sendeiros ás beiras do Miño

A Deputación de Pontevedra vén de dar os primeiros pasos para a creación dunha gran rede circular de sendeiros verdes en torno ao río Miño, unha acción recollida dentro do proxecto ecoturístico de cooperación transfronteiriza, Visit Rio Minho. Mediante a firma de tres convenios de colaboración cos concellos de As Neves, Arbo e Crecente, a institución provincial financiará a realización dos proxectos técnicos necesarios para a ampliación e acondicionamento dos sendeiros de pescadores tradicionais xa existentes nos tres concellos, a habilitación de novos tramos e a creación dun miradoiro.

Ceibo

España no es un estado muy dado a la simbología y todo se reduce, de manera oficial, a la bandera, el escudo y el himno que, por no tener, no tiene ni letra, cosa que sinceramente agradezco pese a los ímprobos esfuerzos de Marta Sánchez en revertir la situación para que el personal no se quede mudo o simplemente tararee cuando suenan los acordes de la Marcha de Granaderos, nombre que recibe el himno patrio. Gracias Marta, otra vez será. Olé, olé.

Exposición sobre «O Tritão Palmado» no Aquamuseu de Vila Nova de Cerveira

Baixo o título «O Tritão Palmado» o Aquamuseu do Miño acolle, ata o día 31 de maio, unha interesante mostra sobre a historia dun anfibio que, din os organizadores "cada día é máis raron en Portugal". Con esta mostra, o Aquamuseu cumpre cos seus principios fundadionais que son a promoción e divulgación do patrimonio natural da conca hidrográfica do río Miño.

Suscribirse a este canal RSS