A veciñanza de Areas, Arnoso e Xinzo esixe solucións á seguridad da N-120

Onte 12 de abril as veciñas e veciños de Areas, Arnoso e Xinzo, parroquias atravesadas pola N-120, dixeron "basta xa". Aseguran estar cansos "de tanta tomadura de pelo por parte de Fomento", así que botáronse á rúa cargados de cruces que, tristemente, lembraban aos mortos que se producen todos os anos nunha vía que cruza tres das parroquias máis densamente poboadas do municipio.

O Pleno da Deputación debaterá unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma N-120

O Pleno da Deputación provincial debaterá, este luns 4 de marzo, unha moción, presentada pola deputada Belén Villar, para instar ao Goberno central a manter os proxectos da Variante-Circunvalación de Ponteareas e a mellora da seguridade na N-120. Villar agarda que todos teñan a oportunidade de sumarse a esta reivindicación: “Esgotamos todas as vías que están ao noso alcance para reclamar o que lle pertence a Ponteareas. Espero que na Deputación de Pontevedra o apoio sexa unánime”, explicou Villar.

Belén Villar pedirá ao Pleno da Deputación apoio "ás reivindicacións da plataforma da N-120"

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas e deputada provincial, Belén Villar, asegurou hoxe que o PP "esgotará todos os mecanismos posibles para evitar o recorte do Goberno estatal" que, no borrador dos Orzamentos do Estado para este exercicio 2019, decidiu facer desaparecer a Variante-Circunvalación de Ponteareas e reducir o investimento para a mellora da seguridade da N-120.

Ponteareas mellora a entrada ao centro urbano na contorna co «cruce de Mondariz»

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a tenente de alcalde, Chus Garrote, deron a coñecer os traballos que se realizarán para mellorar unha das principais entradas a Ponteareas, como é a N-120 na contorna do coñecido popularmente como «cruce de Mondariz». As obras, cuxo proxecto está case que rematado, contempla a mellora da seguridade viaria e o axardinamento, amais de outras actuacións. Os traballos mellorarán a zona ata o centro urbano e ata os centros deportivos existentes.

Ponteareas reúnese con Fomento para tratar da seguridade viaria na N-120

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a tenente de alcalde, Chus Garrote; un representante de cada grupo da oposición e un representante de cada parroquia da plataforma veciñal pola seguridade viaria na N-120 (Xinzo, Areas e Arnoso) reuníronse onte co xefe de demarcación de estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Rio, para poñer enriba da mesa a urxencia da contratación da iluminación que o Ministerio xa publicou no BOE no pasado mes de agosto.

Unha moza ferida nun accidente en Ponteareas

Unha moza resultou ferida logo de que o seu vehículo, por circunstancias que aínda non se coñecen, se saíra da vía cando circulaba pola N-120 á altura de Xinzo. Os feitos aconteceron ás 16:30 horas, cando un particular daba aviso ao 112 Galicia do suceso e, os servizos de emerxencias alertaban tanto aos bombeiros de Ponteareas coma as urxencias sanitarias.

Suscribirse a este canal RSS