A Nigrán non lle gustan os circos

A veciñanza de Nigrán demostrou, nestas eleccións, que tonterías as xustas e os circos, dentro das carpas. A pantomima das bandeiras azuis protagonizada polo PP de Nigrán que non se sabía moi ben contra que ou a favor de qué cousa querían protestar, resultoulle máis prexudicial que beneficiosa a tenor do que din uns resultados que lle dan ao PSdeG-PSOE de Juan González unha suba de 6 representantes. Dito doutro xeito, o Goberno de Nigrán terá, neste mandato, 13 dos 17 concelleiros e concelleiras da Corporación. Pódese dicir máis alto, mais claro difícilmente.

  • Publicado en Nigrán

Unha moción de censura que non pasou factura

Dicen que cando a falta de menos de dous anos, alguén presenta unha moción de censura, pásalle factura na seguinte cita electoral. Pero, por outra banda, tamén o refraneiro –que como ten un refran para unha cousa a outra para contraria, sempre acerta– dí que a excepción confirma a regra. Neste caso, Oia é a excepción. A moción de censura que levou a Cristina Correa á alcaldía era, polo visto xustificada ou así o entenderon os veciños e veciñas que optaron por darlle, á candidata popular, unha maioría absoluta. O PSOE mellora os seus resultados e Converxencia Galega.

  • Publicado en Oia

As Neves terá, novamente, un goberno BNG-PSOE aínda que máis equilibrado

A subida do PSdeG-PSOE nas Neves, pasando de dous a tres concelleiros a costa dos PP, que gaña as eleccións aínda que empatado en número de representantes co BNG, deixa aberto o goberno a unha nova edición do bipartito que gobernou durante estes últimos catro anos presidido por Xosé Manuel Rodríguez Méndez. En todo caso, a suba do PSOE, o único dos tres partidos que subiu a súa porcentaxe de votos respecto á edición anterior, debuxa un panorama máis equilibrado.

Arévalo repite maioría absoluta pese á subida do PSdeG-PSOE

O PP de Mos mantén a súa maioría absoluta de nove concelleiros e concelleiras dun total de 17, o que lle dará a Nidia Arévalo un novo mandato. A importante subida do PSdeG-PSOE que volve a recuperar o seu posto de lider da oposición. GañaMos-Son, déixase no 'rifirafe' electoral dous representantes pasando de 4 a 2, mentres que o BNG mantén o seu concelleiro. 

  • Publicado en Mos

O BNG a piques de desbancar ao PP

Se antes falabamos de que a determinados municipios da Paradanta non lle gustaban nin as sorpresas nin os sobresaltos, a Mondariz Balneario, lugar de reposo e tranquilidade, lle gustan moito menos. O PP, con José Antonio Lorenzo repite resultados e dalle outro mandato que fará que, ao seu remate, no 2023 leve a frioleira de 40 anos como alcalde.

AporM repite resultados e o BNG sube a costa do PP

Alternativa por Mondariz (AporM) que durante estes catro anos gobernou en solitario e en minoría, volve a repetir resultados situándose como forza máis votada mentres que o BNG, pasa de 2 a 3 representantes a costa do PP que baixa de 3 a 2. Dito doutro xeito, populares e nacionalistas intercambian posicións respecto á anterior Corporación. O PSdeG-PSOE mantén a representación que tiña cun concelleiro mentres que Ciudadanos aparece en escena a costa do xa desaparecido Mondariz Somos Todos (MsT). Os pactos serán difíciles pero, sen dúbida, chegarán.

O PSOE obrigado a chegar a pactos

Entre as sorpresas que deixa esta xornada electoral, os resultados da Guarda son unha delas. O Goberno do PSdeG-PSOE, perde dous dos sete concelleiros que tiña –poucos contaban con esto– e o BNG, pola súa banda, pasa de tres a cinco representantes, cun empate numérico se ben as porcentaxes de voto son superiores nas filas socialistas. Así as cousas, co PP como lista máis votada, cun total de seis representantes, e un solitario concelleiro de Converxencia Galega (C.G.) todo apunta a un bipartito PSOE-BNG que, por certo, funciona bastante ben noutros municipios.

Paco Ferreira... sen máis

En Gondomar, cos datos na mán, pouco hai que dicir que non sexa "Paco Ferreira... sen máis". Gobernando a última parte de lexislatura en 'minoría minoritaria' que diría un colega meu –4 concelleiros dun total de 17–, Paco Ferreira foi quen non só de manterse, senón de conseguir unha maioría absoluta quitándolle un concelleiro a Manifesto Miñor, os tres concelleiros a cabe e levandose parte dos vodos de IXG que non se presentaba á cita electoral. So un 'tirón' final do BNG, quitáballe un dos 10 concelleiros que tiña ata o momento deixándoo con 9 e maioría absoluta. O dito. Paco Ferreira... sen máis.

Suscribirse a este canal RSS