Crecente, o BNG irrumpe en escena pero o PP mantén unha folgada maioría

Crecente é un reflexo, máis ou menos, de Covelo onde as sorpresas gustan pouco. En todo caso, o bo traballo realizado polo BNG fai que, entre na corporación municipal cun concelleiro que lle 'rouba' ao PP que, pese a iso mantén unha folgada maioría absoluta de 8 concelleiros dun total de 11. Pola súa banda, o PSdeG-PSOE, repite resultados e mantén os dous concelleiros que xa tiña no anterior mandato.

A Covelo non lle gustan os sobresaltos

A veciñanza de Covelo non está polos sobresaltos nin polas novidades, ou cando menos iso dedúcese dos resultados destas municipais do 2019 que son un calco das do 2015. Por non haber sobresaltos, non os hai nin tan sequera nas porcentaxes de voto, nas que BNG e PSdeG-PSOE sofren lixeirísimas perdas mentres que o PP experimenta unha mínima suba porcentual con respecto a cita electoral anterior.

  • Publicado en Covelo

A Cañiza, Ciudadanos decide

A irrupción de Ciudadanos (Cs) no concello da Cañiza, quitándolle un concelleiro ao PP, fai que os da formación laranxa teñan na súa man a chave do Goberno local. PP e PSdeG-PSOE terán que fiar moi fino á hora de negociar, uns para seguirse mantendo no poder nun concello no que os populares gobernan dende tempos inmemoriais, os outros, para dar a sorpresa e iniciar un cambio de ciclo nunha zona de difícil acceso político e máis difícil acceso aos cambios, como é A Paradanta, un dos reductos 'populares' por excelencia.

Baiona, o PSOE desbanca ao PP pero os pactos teñen a última palabra

As lecturas dos resultados de Baiona son tan variados como a propia composición da Corporación municipal que, coa entrada de Ciudadanos, pasa de 4 a 5 partidos. O Partido Popular déixase polo camiño 3 concelleiros perdendo a maioría absoluta que tiña o alcalde Ángel Rodal, mentres que o PSOE colócase como a lista máis votada cun 21,72% dos votos. A entrada de Ciudadanos cun concelleiro fai que o goberno quede a expensas do que decidan os dous concelleiros de Nós Baiona.

  • Publicado en Baiona

Arbo, todo sigue igual

Se algo nos deixan estas eleccións municipais, son contrastes. Moitos contrastes. Municipios nos que non cambia absolutamente nada que contrastan con outros nos que hai cambios que poderían cualificarse de radicais. Son, en todo caso, a expresión e o reflexo da vontade popular e digan o que digan, nunhas eleccións é a que manda. En Comarcas na Rede, como fixemos hai catro anos, casi coincidindo co nacemento deste xornal. Damos un repaso, por rigorosa orde alfabética –para que non haxa 'piques'– e coa orde de candidaturas publicada no BOPPO (tamén polo mesmo motivo).

  • Publicado en Arbo
Suscribirse a este canal RSS