Sandra González, suma e segue

Tomiño é deses municipios que, chegadas unhas eleccións municipais, sempre espertan curiosidade. Esa curiosidade ven dada non pola incerteza dos resultados, senón por saber onde está o límite da súa alcaldesa Sandra González. Visto o visto, ese listón aínda está lonxe e, se no 2011 acadaba a maioría absoluta de 9 concelleiros, no 2015 a subía a 10 e neste 2017, xa a puxo en 11. Mentres, o PP mantén os seus 4 concelleiros e o PSOE pasa de 1 a 2.

  • Publicado en Tomiño

O PSOE tingue a Tui de vermello

Se algún municipio hai no que se podía estudar o fenómeno do voto fragmentado, o que algúns máis puristas gustan de chamar 'atomización do voto' –definición que os que 'fomos por letras' nunca tivemos moi clara– ese era Tui. Era, dicimos, porque nestas municipais do 2019, pásase dunha corporación de oito partidos a unha de seis pero cun deles, o PSOE, que acada unha sorprendente maioría absoluta.

  • Publicado en Tui

Salvaterra de Miño terá alcaldesa

O único cambio que estas eleccións traerán a Salvaterra de Miño, é o da persoa que ocupe a alcaldía. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño dende 1979 –que se di pronto– deixa a testemuña a que, ata agora, era a súa tenente de alcalde, Marta Valcárcel. Salvo ese cambio, PP con 7 concelleiros e maioría absoluta, PSOE con 4 e BNG con dous, repiten idénticos resultados que nos comicios do 2015. 

Salceda de Caselas en mans do PSOE

A vitoria do PP en Salceda de Caselas, que por momentos rozou a maioría absoluta, quedou desdebuxada polos bos resultados acadados pola candidatura socialista que encabezaba Verónica Tourón, que pasa de 2 a 3 concelleiros. Movemento Salceda, seguía a liña das Mareas nesta cita electoral cunha baixada que lle quita o posto de lista máis votada e precisa dos votos do PSOE para seguir gobernando.

En todo caso, o apoio dos socialistas non será doado dadas as diferenzas e desencontros que, ao longo deste mandato, tiveron o PSOE e Movemento Salceda.

O Rosal, de maioría absoluta do PP a maioria absoluta do BNG

Non é nin fácil nin habitual. Que un concello con 13 concelleiros/as pase dunha maioría absoluta de 8 do PP (que perde 3), a unha maioría absoluta de 7 do BNG (que gaña 4), non é unha sorpresa. É un sorpresón ou un auténtico 'Sorpasso', sobre todo se temos en conta que no 2011, o BNG tiña tan só 2 concelleiros fronte aos 9 populares.

  • Publicado en O Rosal

En Redondela, o PP gaña e a esquerda manda

Redondela, ao igual que o fixo no 28 de abril, volve a decantarse pola esquerda. Pese a vitoria do PP que repite resultados con 9 concelleiros/as, a suba do PSOE acada 7 representantes quedandose a escasos votos do oitavo, a do BNG que pasa de 1 a 2 concelleiros e os tres de AER, poderían dar a maioría a o goberno progresista que a cidadanía reclama. –No meu país, 12 son máis que 9, mírese por onde se mire–.

Todo en mans da U.D.D.L.

Estas Municipais 2019 deixan, nalgúns concellos, resultados nos que pode pasar de todo ou pode non pasar nada como é o caso do Porriño. O PP repite resultados con 8 representantes, e o PSOE repite os catro que xa tiña. A estes engádense os dous de Son en Común; os dous do BNG e o concelleiro en solitario de U.D.D.L (Unión Democrática da Louriña) que é, precisamente o que ten a chave do Goberno.

Ponteareas, fin de ciclo

Dicíame a min un concelleiro da oposición de Ponteareas, "xa veremos cando cheguen as eleccións, as municipais poñerán a cada quen no seu lugar". Tal cual! Evidentemente, supoño que non se referiría aos resultados do PP que só se poden cualificar de descalabro e que dende as eleccións do 2011, deixouse catro concelleiros/as polo camiño quedándose, desta volta, con cinco representantes. Mentres, o BNG, cunha lista máis que estudada e 'potente', subía de 5 concelleiros/as a 9 o que lle permitirá gobernar con comodidade contando cos tres representantes socialistas.

Suscribirse a este canal RSS