A política local 'Con Voz de Muller'

Por vez primeira o PSdeG-PSOE de Pontevedra promoveu hoxe un acto no que fixo gala da forza feminina progresista coa que o partido concorre nas vindeiras eleccións municipais. Baixo o título 'A política local con Voz de Muller' as e os socialistas pontevedreses reuniron no Salón José Peña de Cambados a máis de 300 persoas que serviu para presentar ás candidatas ás alcaldías que concorren na provincia que representan un 44% do total das candidaturas que o PSdeG-PSOE de Pontevedra presenta.

'O Mar das Mulleres', proxecto para a visibilización das mulleres do mar

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa 'O mar das mulleres' froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto 'Mar en Feminino', que lidera a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Silva destacou que se trata dun paso máis, o terceiro, trala creación da web marenfeminino.campusdomar.gal e a posta en marcha da exposición itinerante 'Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar'.

Baiona abre a inscrición para un Curso de Autodefensa para Mulleres

O Concello de Baiona vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos de autodefensa persoal dirixidos a mulleres. A actividade é organizada polo Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, cos fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero destinados aos concellos.

  • Publicado en Baiona

Éxito da xornada gratuíta de defensa persoal feminina organizada polo Concello de Salvaterra

O pasado 16 de marzo daban comezo, en Salvaterra de Miño, as clases de defensa persoal feminina organizada polo Concello e que contan cunha enorme participación. Serán catro xornadas a través das que se darán ás participantes nocións básicas de como afrontar diversas situacións de risco, como resolvelas e actuar. Do mesmo xeito, ensinarase ás participantes como poñer en práctica métodos simples de defensa.

Ponteareas homenaxea ás súas mulleres

O concello de Ponteareas homenaxeou o domingo, 17 de marzo, a un grupo de mulleres, propostas por colectivos e asociacións veciñais, nas que se quería representar a todo o colectivo de mulleres do municipio. A iniciativa enmarcábase dentro das programadas polo Concello con motivo do Día da Muller. O Goberno local, no acto público celebrado no Auditorio Municipal, agradeceu "o traballo e exemplo de esforzo" das mulleres ponteareás.

Nigrán Decide pide a elaboración do terceiro Plan de Igualdade para o concello

Nigrán Decide vén de presentar unha moción no Concello de Nigrán no que a formación política pide a elaboración do terceiro Plan de Igualdade do Concello de Nigrán. Dito plan, segundo Nigrán Decide, debería elaborarse logo da avaliación do anterior plan, tendo en conta as conclusións que aporte, seguindo unha metodoloxía participativa e debendo ter, entre o seus principais obxectivos, a erradicación da violencia de xénero, así como as desigualades existentes entre homes e mulleres en todas as súas vertentes.

  • Publicado en Nigrán

O papel actual da muller, a debate no Porriño

Leire Pajín, exministra de Sanidade e Igualdade; Carmen Avendaño, presidenta da Fundación Erguete e Carla Reyes, presidenta da asociación Executivas Galicia, compartirán o vindeiro martes 12 en Porriño un interesantísimo debate sobre o papel actual das mulleres. A cita será as 19:30 h no Centro Cultural Municipal e forma parte da programación «As Mulleres fan Porriño», iniciativa promovida polo Concello co gallo do 8M.

Digna Rivas estará acompañada por "mulleres comprometidas coa transformación de Redondela"

“Mulleres vinculadas ao mundo asociativo e absolutamente comprometidas e convencidas da necesidade dun cambio que faga de Redondela un municipio socialmente máis xusto, solidario e igualitario”, así definiu a candidata socialista, Digna Rivas, ás catro mulleres que a acompañarán na candidatura nos dez primeiros postos da lista do PSdeG-Redondela cara as vindeiras municipais do mes de maio.

Suscribirse a este canal RSS