O Centro Dotacional de Torroso acolle o I Día do Xadrez Concello de Mos

Máis de 100 xogadores e xogadoras de todas as idades encheron de xadrez o Centro Dotacional de Torroso durante a edición inaugural do 'I Día do Xadrez Concello de Mos'. 43 escolares chegados de todas as parroquias de Mos participaron na V Liga Interescolar de Mos. Foi moita ilusión a vivida ao longo das 6 partidas, xa que para a gran maioría de nenos e nenas tratábase da súa primeira competición.

  • Publicado en Mos

O Pleno de Mos aproba por unanimidade bonificar o 95% do IBI a asociacións

O Pleno Ordinario do Concello de Mos, na súa sesión do mes de abril, aprobou tódolos puntos da orde do día por unanimidade. Concretamente a aprobación de dous dos puntos da orde do día resulta de especial relevancia para o tecido asociativo da localidade mosense. Trátase da ‘Modificación da Ordenanza Reguladora do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Introdución de bonificación fiscal’ e da ‘Aprobación do inicio do expediente de desafectación do inmoble da antiga escola de San Rafael’.

  • Publicado en Mos

Mos homenaxea a 'Xiramos' polo segundo posto no 'Trofeo Don Quijote'

Os 14 rapaces e rapazas integrantes do grupo 'Dentro del tiempo' do club patinaxe 'Xiramos' de Mos, foron recibidos esta tarde no salón de sesións do Concello de Mos que, con esta recepción, quería recoñecerlles o magnífico traballo realizado no 'Trofeo Don Quijote' onde acadaron o segundo posto. As patinadoras e patinadores estiveron acompañados pola acaldesa de Mos, Nidia Arévalo; o concelleiro de Deportes, Baldomero Lorenzo e demais membros da Corporación Municipal.

  • Publicado en Mos

O xantar con Mariano Rajoy reúne en Mos a 1.000 persoas

Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e candidata á alcaldía ás eleccións municipais polo Partido Popular, exerceu de anfitrioa do xantar con Mariano Rajoy e Ana Pastor que reuniu en Mos a 1.000 simpatizantes das comarcas da Louriña e Baixo Miño. De feito, ademais de Nidia Arévalo, asistiron todos os candidatos e candidatas do partido ás alcaldías nestas comarcas: Alejandro Lorenzo, por Porriño; Santiago Rodríguez, por Salceda; Roberto Carrero, por A Guarda; José Ángel Fernández, por Tui; Esteban González, por Tomiño; María del Carmen Alonso, polo Rosal e Cristina Correa, por Oia.

  • Publicado en Mos

Mos acolle a primeira edición do Torneo Internacional de Tenis de Mesa

As instalacións de Always Tenis de Mesa en Sanguiñeda, Mos, foron o escenario o venres 12 de abril, do acto de presentación do I Torneo Internacional Concello de Mos de Tenis de Mesa na que estiveron presentes o xefe de comunicación de AlwaysTM, Manuel Pereiro, e o concelleiro do Concello de Mos, Cándido Pérez.

  • Publicado en Mos

'María Vinyals. Un talento rebelde' chega aos institutos de Mos e Baiona

Coa presenza da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a Deputación de Pontevedra presentou este martes o libro 'María Vinyals. Un talento rebelde' no IES de Mos, diante de 136 alumnos e alumnas de 2º da ESO. Mañá mércores, 10 de abril, ás 13:00 horas, será a quenda do IES Primeiro de Marzo de Baiona, no que o libro será presentado ante 54 rapaces e rapazas de 1º da ESO. O obxectivo destes dous actos é dar a coñecer a historia de María Vinyals e levar o seu legado a prol da igualdade aos centros educativos da provincia.

A socialista Victoria Alonso presenta unha candidatura para facer "o Mos que queremos"

O Pazo de Mos acolleu este pasado domingo a posta de largo da candidatura do PSdeG-PSOE que acompañará a Victoria Alonso na próximas cita coas urnas do 26 de maio. “Traballo, traballo e traballo”, prometeu Alonso por de toda esta lista, “para facer un Mos mellor”. A candidata comezou agradecendo a Patricia Pérez, actual concelleira e quen lle entrega o testemuño como cabeza de lista, todo o traballo levado a cabo durante estes anos “por Mos e polo Partido Socialista”, tras o que lle entregou un ramo de flores de recoñecemento.

  • Publicado en Mos

Xiramos, de Mos, segundo posto no Trofeo Don Quijote disputado en Toledo

O pasado 6 de abril, sábado, os rapaces da Agrupación de Patinaxe 'Xiramos' de Mos participaron no 'II Trofeo Don Quijote' en Santa Cruz de la Zarza (Toledo), obtendo un magnífico segundo posto na súa categoría do grupo 'Dentro del tiempo'. 'Xiramos' competía, amais, con outros dous grupos: 'Welcome' e 'Miradas en la noche'.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS