Esta fin de semana arranca na Guarda unha nova edición de 'Tapearte'

Este xoves presentouse na Casa dos Alonsos da Guarda, a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a Festa das Letras e o Día Internacional dos Museos. Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00 h a 14:00 h e de 19:00 h a 22:00 h a un prezo simbólico de 2 € a tapa.

A Guarda entrega os diplomas do curso de formación de camareiros/as

Por segundo ano a Concellería de Turismo do Concello da Guarda organizou un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que tivo lugar entre os meses de febreiro e abril. O obxectivo principal foi o de formar a novos camareiros, algo esencial de cara á profesionalización dun sector tan importante para A Guarda como é o turismo e a Hostalería, ofertando á veciños e visitantes un servizo de calidade e profesional.

Praxíteles González exhibe as súas maquetas e figuras no Centro Cultural da Guarda

Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 tivo lugar no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, participaron nesta inauguración na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal.

Antonio Lomba opta á reelección cun proxecto xurdido "das inquedanzas e voces da veciñanza"

O Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda acolleu na noite deste venres a presentación da candidatura do PSdG-PSOE da Guarda, encabezada por Antonio Lomba, actual alcalde e candidato á reelección. Lomba comezou a súa intervención agradecendo o apoio amosado polo pobo da Guarda, un apoio que lle permitiu a oportunidade de gañar as pasadas eleccións e demostrar o seu compromiso “coas miñas raíces guardesas, coas nosas tradicións, coa nosa cultura e, por suposto, a miña grande atracción polo noso mar”.

A Guarda recibe tres selos SICTED na III Gala Anual de Turismo Rías Baixas

O pasado martes día 12 de marzo celebrouse na cidade olívica a terceira edición da Gala Anual de Turismo Rías Baixas, evento no que se realiza un recoñecemento ao turismo da provincia coa entrega dos certificados SICTED, o distintivo que premia a excelencia e a profesionalidade de empresas e servizos turísticos.

A Guarda pecha importantes contactos na FairWay 2019

O Concello da Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.

  • Publicado en A Guarda

O 'Anel Verde' do Miño medra cunha nova actuación na Guarda

O convenio de colaboración asinado hoxe para o acondicionamento da praia do Muíño, na Guarda, porta do espazo natural protexido do Esteiro do río Miño e enmarcada dentro do proxecto Visit Rio Minho, consolida un novo treito do denominado 'Anel Verde' do río transfronteirizo formado por rutas galego-portuguesas, un dos maiores atractivos do sur da provincia. Esta actuación é especialmente importante á hora de recuperar un espazo natural de altísimo valor tanto turístico coma medioambiental.

  • Publicado en A Guarda

Rematan na Guarda as sesións formativas de 'Comercio Innova Plus'

O Concello da Guarda rematou este luns o Programa de Innovación para o Comercio 'Comercio Innova Plus', dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unhas actividades nas que se incluíron xornadas formativas, píldoras e charlas dende o pasado mes de novembro de 2018.

  • Publicado en A Guarda
Suscribirse a este canal RSS