Presentada a «Semana da Eurocidade Monção–Salvaterra de Miño»

A primeira «Semana da Eurocidade Monção–Salvaterra de Miño» foi presentada, esta mañá, na sede do organismo, no Parque da Lodeira en Monção, coa presenza do alcalde monçanense, António Barbosa, e a concelleira de Cultura de Salvaterra de Miño, Marta Valcarcel. O programa, que se desenvolverá dende mañá día 25 de setembro ata o 30 de setembro, busca reforzar a relación social, cultural, deportiva e económica entre os dous concellos fronteirizos.

Veciñanza da Guarda e Camiña participan na «Ruta da Cova Moura»

Este pasado sábado celebrouse a primeira das andainas da nova tempada desta iniciativa posta en marcha pola Câmara Municipal de Caminha e o Concello da Guarda. A actividade busca dar a coñecer, entre a veciñanza de ámbolos dous municipios, o patrimonio e paisaxe de Galicia e Portugal. As e os participantes puieron gozar dunha das máis fermosas rutas por terras de Monção, como é a Ruta da Cova Moura, cun percorrido de preto de 20 quilómetros.

  • Publicado en A Guarda

As alfombras de Ponteareas presentes, un ano máis, en Monção

Un ano máis, as alfombras de Pontearas foron protagonistas na celebración da festa de Nossa Senhora da Rosa, que se celebra na localidade portuguesa de Monção. Un grupo de 25 alfombristas ponteareáns da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi, trasladáronse ata a vila raiana para, ao fío das doce da noite, comezar coa confección dun tapiz floral diante da Câmara Municipal de Monção.

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento, participa na busca do pescador portugués desaparecido

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento está a participar desde esta mañá nas labores de busca do pescador portugués desaparecido o pasado sábado na beira portuguesa do Río Miño. A Deputación de Pontevedra, nestes momentos, ten activo un dispositivo no que están a participar tres persoas e unha embarcación do Consorcio, mantendo amais o parque do Porriño operativo.

«A historia dun nobre pobo raiano», exposición de «Puskas» en Salvaterra e Monção

O pintor monçanense «Puskas» expoñerá os seus novos traballos na galería do Castelo de Dona Urraca, en Salvaterra do Miño e no Museo do Albariño en Moçao, entre os días 4 e 31 de agosto, baixo o lema “Unha historia dun nobre povo raiano” A actividade inclúese dentro do programa cultural de colaboración da Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño.

Comezan as reunións de traballo na sede da Eurocidade Monção-Salvaterra

A recén inaugurada sede oficial da Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño acolleu, este luns as primeiras reunións de traballo de cara a establecer as liñas a seguir no día a día da Eurocidade. Un dos primeiros puntos tratados polo equipo de traballo, do que forman parte os dous alcaldes, concelleiros e técnicos de ámbolos dous municipios, foi establecer o horario de funcionamento da nova instalación que estará aberta ao público de luns a venres de 10 h a 14 h e as tardes do xoves de 16 h a 18 h.

Suscribirse a este canal RSS