Arranca a cuarta edición de DepoRúArte, a aposta da Deputación pola arte urbana

A iniciativa, anual e programada, da Deputación de Pontevedra dirixida á mocidade da provincia 'DepoRúArte' chega á súa cuarta edición centrada nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Deste xeito, no CPI Toural de Vilaboa, IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez da Estrada, IES Chapela en Redondela, IES Monte da Vila no Grove e IES Indalecio Pérez Tizón en Tui, vanse desenvolver sesións teóricas e prácticas nas que se propón á mocidade unha actividade artística e lúdica para potenciar movementos de participación e cooperación social ao redor dos ODS.

Café en Tomiño para conmemorar o Día Europeo da Información Xuvenil

Continuando cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade, o Concello de Tomiño, a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil, vén de celebrar un encontro informal coa mocidade tomiñesa 'Toma un café con Europa', co fin de conversar e debater de forma distendida sobre temáticas coma a Unión Europea, retos de futuro, etc.

  • Publicado en Tomiño

Continúa aberta a inscrición para o Campamento Urbano da Cruz Vermella de Ponteareas

O próximo 15 de Abril dará comezo o Campamento Urbano “O tesouro de Cleopatra”, que a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado organizou para máis de 30 nenos do municipio. Ao longo de tres días 15, 16 e 17 de Abril, en horario de 9 h a 14 h, levarán a cabo multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de sendeirismo, o gran xogo, manualidades, cancións... todos eles foron planificados para transportar aos/ as nenos/ as participantes a unha historia cargada de maxia, valores e aventuras.

Tomiño conmemora cun obradoiro de cociña alemá a 'Semana Europea da Mocidade'

O Concello de Tomiño conmemorará a Semana Europea da Mocidade cunha serie de actos, entre os que sobresae un obradoiro de cociña alemá, a cargo de Jessica Schröder, bolseira en prácticas no Concello a través do programa Erasmus Plus. A estudante cociñará varios pratos típicos do seu país de orixe, mentres aproveita para informar aos presentes das características do programa de mobilidade europeo Erasmus Plus, para estudantes universitarios, e tamén da súa cultura e da experiencia que está a vivir en Tomiño.

  • Publicado en Tomiño

Mos organiza unha charla sobre "educación dixital saúdable" en menores de 6 anos

O Concello de Mos organiza unha charla dirixida aos pais e nais de cativos menores de seis anos sobre a relación dos seus fillos e fillas coas novas tecnoloxías. A charla correrá a cargo de Alba Alonso Feijoó, da empresa Realkiddys e profesora no CEIP Mestre Martínez Alonso. Terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de marzo, ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas. A asistencia á mesma é de balde pero require de inscrición previa no teléfono 986 33 94 04 ou a través de correo electrónico en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  • Publicado en Mos

O Porriño, Concello Amigo da Infancia, presenta a programación «Vive a cultura urbana»

«Vive a Cultura Urbana», programa de ocio activo dirixido á mocedade que comezará o vindeiro venres 15 de marzo, “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa Eva García de la Torre na rolda de prensa celebrada no Concello porriñés. “Queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou a rexedora local.

Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

Suscribirse a este canal RSS