"Voltamos á escola", o sábado na Casa Cultural de Cristiñade

Este sábado, día 15 de agosto, a Casa Cultural de Cristiñade vai acoller o evento denominado “Voltamos á Escola”, organizado por ex alumnos da escola de Cristiñade, que ten como obxectivo a homenaxe aos profesores que impartían clase na escola de Cristiñade durante os anos 1960-1970 e, ao mesmo tempo, servir de punto de encontro con moitos dos alumnos, e tamén pór de manifesto as precarias condicións daquelas escolas moi pobres que facían do mestre un auténtico “titán” para sacar a diante aquelas aulas cheas de nenos.

Suscribirse a este canal RSS