Salceda únese á campaña 'Quere o teu Mercado'

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira, únese un ano máis á campaña 'Quere o teu mercado', iniciativa promovida pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, Prazas de Abastos e Federacións e Asociacións de comerciantes. 'Quere o teu mercado' ten como obxectivo destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local, ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Salceda únese á campaña 'Quere o teu Mercado'

O Concello de Salceda de Caselas, a través da Concellaría de Comercio que dirixe Loli Castiñeira, únese á campaña “Quere o teu mercado”, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.

Tomiño celebra o primeiro aniversario do mercado municipal, cun espazo gastronómico

O Mercado de Tomiño está de aniversario. Cumpre o seu primeiro ano e, ao longo dese tempo, vén de converterse non so no motor do mercado do municipio, senón nun centro de referencia, perfectamente aproveitado para o desenvolvemento de actividades múltiples. Que en todos os concellos se poña como exemplo o seu xeito de utilizalo, non é casualidade. Logo dun ano de actividade, o mercado de tomiño serve de guía e punto de partida para instalacións deste tipo noutros moitos municipios.

  • Publicado en Tomiño

Mercado Gastronómico e Artesanal e MercaNadal, bo momento para achegarse Tomiño

Esta fin de semana será un magnífico momento para achegarse a Tomiño e coñecer de primeira mán, porque o mercado de abastos tomiñés é un referente dentro de fora das nosas fronteiras. O mercado, nesta vindeira fin de semana, estará aberto en horario continuo de 10 h a 21 h para poder celebrar o 'Mercado Gastronómico e Artesanal' que organiza o Concello e o 'MercaNadal' que organiza ADETO.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS