'DesFruta' o Nadal no Mercado, o venres en Baiona

Os praceiros do mercado de abastos de Baiona organizan o vindeiro venres 11 de decembro a partir das 18:00h. a actividade 'DesFruta ou Nadal non Mercado', un obradoiro do Nadal para nenos e nenas que, como o seu propio nome indica, terá as froitas como auténticas protagonistas.

  • Publicado en Baiona

O Concello de Tomiño organiza “Nadal no mercado”

O Concello de Tomiño vén de deseñar un amplo abano de actividades de cara ao Nadal, que terán ao Mercado de Abastos como un dos grandes protagonistas. O primeiro evento a celebrar será este sábado, coa gravación en directo do programa de Radio Vigo Ser “la guía gastronómica” de Carmen Albo, autora do blog de cociña “guisándomela vida”.

  • Publicado en Tomiño

Hoxe xoves, mercado de queixos e viños no mercado municipal de Tomiño

O Concello de Tomiño desenvolverá, ao longo de todo este mes de agosto, actividades dinamizadoras no mercado de abastos e, máis concretamente, na súa primeira planta que foi concibida como un espazo gastronómico e de encontro. O mercado de abastos de Tomiño é o mellor exemplo de como se pode facer unha obra útil contando coas opinión de usuarios e empresarios, nunha iniciativa que está sendo posta como exemplo noutros concellos da provincia.

  • Publicado en Tomiño

Salceda vístese de medievo esta fin de semana

Os días 3, 4 e 5 de xullo Salceda de Caselas será escenario dun auténtico Mercado Medieval que, ao longo deses tres días, ofrecerá non só as súas mercadorías trasladándonos a outras épocas, senón actividades paralelas que, todas elas terán que ver, co medievo.

Suscribirse a este canal RSS