Nigrán declina seguir colaborando coa empresa privada responsable das 'Bandeiras Azuis'

O Concello de Nigrán anunciou a súa intención de non seguir colaborando coa empresa privada ADEAC, responsable de conceder os distintivos 'Bandeira Azul'. Trátase –segudo explica o alcalde Juan González– dunha decisión moi meditada tras catro anos detectando falta de rigor e arbitrariedade en ADEAC". González insiste en que a decisión "non afectará a calidade dos servizos que se veñen ofrecendo nos areais nin a máxima protección medioambiental".

  • Publicado en Nigrán

Os socialistas de Salceda fanse eco das protestas veciñais polo uso do glifosato

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas ven de denunciar o uso de herbicidas para a limpeza de cunetas nas zonas rurais. O uso de glisofatos, "cos perigos que supoñen para saúde, xa que poden traer consigo a contaminación de augas subterráneas e mananciais", está a provocar o malestar nalgunhas zonas de Salceda, "coas correspondentes queixas veciñais", sinalan os socialistas.

O alcalde das Neves expoñerá en Bruxelas a realidade da proliferación do eucalipto

O alcalde das Neves, Xosé M. Rodríguez Méndez, viaxa este xoves a Bruxelas para manter unha entrevista con Karmenu Wella, número dous da Comisaría de Medio Ambiente, e coa directora de Coordinación de Cambio climático. Rodríguez Méndez, acude á capital europea xunto cos rexedores de Baños de Molgas, Rianxo e Ribadeo, ademais de voceiros de diferentes plataformas ambientais galegas.

A Guarda contrata a medición da concentración de Radón en 21 edificios públicos

O Concello da Guarda ven de contratar a medición da concentración de Radón en aire en 21 edificios públicos de propiedade municipal. A instalación de medidores comezará a próxima semana. O Concello da Guarda atópase xeográficamente nunha zona cunha alta concentración de substrato granítico no subsolo, e por elo que pode presentar unha alta taxa de radón, un elemento químico gaseoso e inestable no tempo, procedente da cadea de desintegración do uranio que, emite partículas radioactivas de gran enerxía e altamente ionizantes.

Eva García insta á Xunta a retomar o plan de descontaminación do lindano

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, enviou unha carta dirixida a Angeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, solicitandolle crear unha comisión técnica entre Concello de Porriño e Xunta de Galicia para "retomar o plan de descontaminación do lindano". A carta tivo data de entrada na Consellería o pasado 28 de marzo e, segundo o Concello do Porriño, "ainda non houbo resposta".

ACiP "pensa en verde" e aposta pola biodiversidade en Ponteareas

Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, vén de car a coñecer as iniciativas que inclúe no seu plan 'Biodiversidade' que busca a creación de "distintas e contornas que aposten por unha Ponteareas máis verde e respectuosa". ACiP aposta por un desenvolvemento "aparellado ao respecto polo medio ambiente, a reciclaxe e o aproveitamento dos recursos que nos ofrece unha contorna eminentemente rural". 

Ribadetea reclama solucións urxentes ao deterioro hixiénico-ambiental da parroquia

A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea asemella que comeza a estar farta de boas palabras e reunións baleiras. Nun escrito remitido aos medios de comunicación, a Plataforma sinala que logo información facilitada por Augas de Galicia e publicada nos medios de comunicación o pasado día 24, "condenamos a utilización partidista da realización dunha infraestrutura que é unha necesidade tan básica para o conxunto dos veciños da nosa parroquia".

Escolares de Nigrán plantan 140 árbores en Porto do Molle

O alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e do Centro de Educación Especial Juan María participaron esta semana na iniciativa do Rotary Club de Vigo, a través do Concello de Nigrán, para repoboar a única zona verde municipal do parque empresarial Porto do Molle sen árbores. Así, a empresa Darlim donou 140 exemplares de castiñeiros, carballos, bidueiros e freixos; Ecocelta proporcionou o abono e as bodegas As Laxas a maquinaria para preparar o terreo.

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS