Adegas Marqués de Vizhoja, Premios de Enoturismo “Rutas do Viño de España 2018”

Adegas Marqués de Vizhoja recibiu o «Premio ao Compromiso coa Sociedade e o Medio Ambiente» nos Premios Enoturismo Rutas do Viño de España 2018. Entre os motivos atópase “a iniciativa de desenvolver xornadas de sensibilización para reflexionar e buscar sinerxias entre os profesionais agrícolas e forestais para a prevención dos incendios”, especialmente nunha subzona como a de Condado do Tea que foi “a máis afectada polos incendios forestais que arrasaron Galicia o ano pasado”.

  • Publicado en Arbo

Unha misión comercial de Polonia visita Adegas Marqués de Vizhoja

As Adegas Marqués de Vizhoja acollen, a próxima semana, a visita dun importante grupo de importadores polacos, integrantes dunha misión inversa realizada baixo a coordinación do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas cuxo principal obxectivo é coñecer de preto o territorio, a elaboración e a variedade dos viños de Rías Baixas.

  • Publicado en Arbo

«III Raid do Condado-Marqués de Vizhoja»

O Concello da Cañiza acolleu a presentación do Raid do Condado-Marqués de Vizhoja, Campionato de España de Raids de Avenuras, organizado polo Club Cornelios, www.cornelios.es, que se celebrará o fin de semana, 15 e 16 de setembro, nos concellos de Salvaterra de Miño, A Cañiza, As Neves e Arbo.

Adegas Marqués de Vizhoja invita a reflexionar sobre os incendios no Condado-Paradanta

Adegas Marqués de Vizhoja vén de organizar unha xornada informativa sobre a prevención dos incendios forestais. A actividade, de acceso libre para a veciñanza da comarca do Condado-Paradanta e demais interesados, busca un compromiso coa sociedade e a proximidade coa contorna de todos os que viven no medio natural. A cita será o vindeiro venres 27 de abril ás 16:00 horas, nas instalacións de Adegas Marqués de Vizhoja.

  • Publicado en Arbo

La «Basque Culinary Center» visita Marqués de Vizhoja

Una selección Basque Culinary Center, la primera universidad española especializada en Gastronomía y artes culinarias, visitó la bodega familia más antigua de Galicia, Bodegas Marqués de Vizhoja, con la idea de conocer de primera mano el trabajo que desde hace cincuenta años se realiza por la familia Peláez.

  • Publicado en Arbo

Preto de 600 deportistas, no «IV Trail-Andaina Desafío de Oia»

O concello de Oia foi escenario, o domingo 25 de marzo, da cuarta edición do «Trail-Andaina Desafío de Oia» que se desenvolve nun paraxe absolutamente espectacular. Por primeira vez, en catro anos, o tempo acompañou aos e ás deportistas, ofrecendo unha xornada soleada. O evento, organizado polo Club Marqués de Vizhoja- Cornelios, contou cunha elevada participación de preto de 600 deportistas aos que non desanimou nin o durísimo percorrido nin o cambio horario.

As saídas, en todas as súas categorías, tiveron lugar dende o Mosteiro de Santa María de Oia, se ben fixéronse de xeito escalonado en función da dificultade das probas e a duración das mesmas.

Trail de 42 quilómetros
Así, ben cediño, ás 8:30 horas, daba comezo o Trail de 42 quilómetros, unha carrera durísima, cun desnivel acumulado de 2.900 metros e so apta para os corredores máis experimentados. Nesta modalidade, tomaron a saída un total de 62 deportitas dos 67 que estaba inscritos. Para esta proba, e como medida de seguridade, a organización optou por poñer hora de corte, establecéndose esta no terceiro avituallamento ─transcorridos 22.7 quilómetros de carreira─ onde os corredores tiñan que estar antes de transcorridas 5 h 20 min de proba.

Ao remate da proba, a clasificación quedaba do seguinte xeito:

ABSOLUTO MASCULINO
1º Roberto Mata Martínez - Running Sport Trail. 5h 02min 06s
2º José Angel Penas Tallón - 5h 02min 56s
3º Eduardo Sotelo Martínez - Peña Trevinca, Montañeros de Galicia - 5h 12min 15s

ABSOLUTO FEMININO
1º Vanesa Varela Crespo

VETERANO MASCULINO
1º Manuel Alejandro Lago Ríos - 5h 40min 33s
2º Jorge Arufe Espiña - Trail Running Nigrán -  6h 11min 10s
3º José Ramon Mayo Martínez - Tribu Trail - 6h 15min 17s

VETERANO FEMININO
1º  Mª Dolores González Enriquez - Bugallasmobles&Victor Pazos

1º CLASIFICADO OIA
Iván Pimentel Giráldez - Marqués de Vizhoja Cornelios

2º CLASIFICADO OIA
Jorge Salinas Martínez


Trail 21 quilómetros
Ás 10:00 horas tomaban a saída os 171 participantes do TRAIL 21Km, proba na que os e as atletas tiveron que facer fronte ao coñecido percorrido do DESAFIOIA de anos anteriores con algunhas modificacións. O seu nivel de dureza segue sendo elevado alcanzando un desnivel positivo de 1.550 m

ABSOLUTO MASCULINO
1º Toberto Riobó Estévez - Club de Montaña Xesteiras - 2h 11min 17s
2º Antonio Liébanas Méndez - Club Atletismo Baiona - 2h 19min 24s
3º José Antonio Requejo Santos - 2h 20min 49s

ABSOLUTO FEMININO
1º María Ferreiro Pérez - Box 001 Runmaniak Ourense - 2h 41min 25s
2º María Jesús Fernández Ramos - 3h 16min 05s
3º Paz Méndez Tapias - Club Lodeiros - 3h 16min 45s

VETERANO MASCULINO
1º Jorge Diz Carrera - Club Xesteiras - 2h 44min 36s
2º Miguel Ángel Novoa Rodríguez - 2h 56min 52s
3º Javier Alonso Ballesteros - 3h 07min 34s

VETERANO FEMININO
1º  Loli Pérez Rodríguez - Cazafantasmas Team - 3h 24min 55s
2º  Nicol Campo Mosquera - Box 001 Runmaniak Ourense - 3h 32min 07s
3º  Trini Prieto - Aviva Sport - 3h 36min 33s

1º CLASIFICADO OIA: Diego Domínguez Crespo
2º CLASIFICADO OIA: Rafael Portela Caeiro
3º CLASIFICADO OIA: Jorge Domínguez Crespo


Mini Trail 12Km
O Mini-Trail 12km, novidade desta edición. tamén tomaba a saída ás 10:00 h cun total de 156 participantes e, por diante, un percorrido «marca da casa», é dicir, nivel de dureza elevado cun desnivel acumulado de 750 metros. Primeiro, a coñecida subida do «Camiño dos burros», e ao famoso cortalumes de Pedornes ao que lle seguen 1.2 km de carreira moi técnica.

ABSOLUTO MASCULINO :
1º Luis Enrique Martínez Comesaña - Coutadas Trail Team - 1h 18min 51s
2º José Manuel Fernández Vázquez - 1h 20min 37s
3º Javier Rodríguez Fernández - Club Montañeros de Galicia-Peña Trevinca - 1h 20min 37.09s

ABSOLUTO FEMININO
1º Aroa Sío Seijo - Team Land - 1h 26min 44s
2º Laura González Goce - Coutadas Trail Team - 1h 41min 38s
3º Raquel Doiro González - Máis que Auga - 1h 5min 50s

VETERANO MASCULINO
1º Américo de Oliveira Franco - Running Lusekelo - 1h 40min 08s
2º Anxo Taboada González - Running Lusekelo - 1h 40min 10s
3º Kiko Romero Parada - Barbantia Roda - 1h 40min 20s

VETERANO FEMININO
1º Elvira Verea López de Guereñu - Club Montañeros de Galicia-Peña Trevinca - 1h 59min 03s
2º Marisa Pereira da Silva - Club Running Lusekelo - 2h 02min 53s
3º Araceli Veiga Bermejo - Club Artabros - 2h 04min 23s

1º Clasificado Oia: Damián Rodriguez González
2º Clasificado Oia: Rubén Salinas Martínez
3º Clasificado Oia: Américo De Oliveira Franco

Para rematar este DESAFIOIA 2018 ás 10: 05 toman a saída cara ao monte os e as participantes da ANDAINA DE 10KM, pasando por unha das paisaxes máis bonitas desta zona, preto do río.

Así como íanse completando os pódiums das distintas modalidades fóronse entregando os trofeos do MINI-TRAIL DE 12KM, TRAIL DE 21KM E TRAIL DE 42KM contando coa presenza, nesta entrega de premios, de Diego Fernández, presidente do Club Marques de Vizhoja- Cornelios; Pedro Álvarez, director da carreira; Juan da Silva, presidente da Asociación da Fibrosis Quística; Jorge Peláez, de Marqués de Vizhoja e Cristina Correa, alcaldesa de Oia.

  • Publicado en Oia
Suscribirse a este canal RSS