O BNG denuncia a suba da cota da Seguridade Social ao marisqueo a pé

O BNG de Redondela cualificou de "suba abusiva, inxusta e totalmente inasumible" dos recibos da seguridade social aos e ás profesionais do mar por parte do ISM. Segundo os nacionalistas, un dos sectores máis prexudicados é o marisqueo a pé, cunha cota mensual que pasa de 194 a 240 euros, 46 euros de diferenza o que supón un incremento dun 23,7%.

Non haberá eleccións anticipadas na Confradía de Baiona

A Confraría de Baiona viviu onte unha xornada decisiva no conflito suscitado hai algunhas semanas pola explotación do percebe e que enfronta ao sector de á boia e a pé. A xunta xeral celebrada onte desestimou a convocatoria de eleccións anticipadas promovida polo sector de percebeiros á boia coa intención de desbancar do cargo á patroa maior, Susana González, tan só dous anos despois de que accedese ao cargo, a medio mandato.

  • Publicado en Baiona

Redondela, unánime no rexeitamento do anteproxecto de Lei de Acuicultura

O Concello de Redondela dará voz, no vindeiro Pleno, a unha moción da Confraría de Pescadores San Juan na que se pide que a Corporación Municipal exprese o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura, inste á Consellería do Mar a súa retirada e que o Consello da Xunta rexeite dito anteproxecto de lei ao consideralo daniño para os intereses dun municipio, como Redondela, no que o mar é un sector estratéxico para a economía local.

Suscribirse a este canal RSS