Clásicos

Esta semana tenemos dos clásicos: «Como água para chocolate» y «La larga marcha».

Tita nació la última y eso es casi como una maldición por que a lo único que aspiras es a cuidar de tus padres asta que se mueran,en el caso de Tita asta que se muriese su madre, mamá Elena. No se casaría y nunca tendría hijos.

Diego Giráldez presenta o venres 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo do Porriño

O venres 22 de marzo, ás 20:30 h, o escritor porriñés Diego Giráldez presentará a súa novela 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. No evento, aberto ao público, participarán xunto ao autor a presidenta do Círculo, María José Giráldez; a escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Giráldez contará tamén coa participación do pianista Alejo Amoedo, que adaptou a piano para a ocasión un tema do músico arxentino Astor Piazzola, que aparece mencionado na novela.

Edición especial do «Venres D_letras» para todos os cativos e cativas de Ponteareas

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, que dirixe Hortensia Bautista, vén de convidar a todas as familias a participar nunha nova edición do “Venres D_letras” que vai dirixida aos máis cativos e cativas. Nesta edición especial vaise presentar o libro «Do dereito e do revés», dirixido ao público infantil e editado a iniciativa da Concellería de Cultura de Ponteareas coa finalidade de facilitar o achegamento aos máis pequenos e de xeito excepcional, adiantará o seu inicio ás 19:00 horas.

Xabier Cordal, «Relatos para televisión»

Xabier Cordal é unha figura que, con máis de 25 anos de traxectoria literaria e só media ducia de títulos de poesía, achou un oco entre o máis selecto do noso Parnaso particular. A súa produción é escasa pero representativa e a eses poucos poemarios só cabe engadir a súa participación en obras colectivas e, agora, unha achega iniciática no eido da narrativa. E dá este paso cunha colección de contos moi diversos, tanto en extensión como en temática, que presenta baixo o título «Relatos para televisión».

Iolanda Zúñiga, «Natura»

Iolanda Zúñiga tennos acostumados a unha literatura moi persoal, cun punto de transgresión, un aquel de denuncia máis ou menos evidente, e moito de visceral. A súa última proposta responde aos mesmos criterios; trátase dunha novela que nos traslada a unha paisaxe apocalíptica para desembocar en distopía a través da odisea persoal da súa protagonista, unha muller que en ningún momento aparece identificada cun nome, coma o resto de personaxes do relato.

A Guarda acolle este xoves a presentación de «Galaicos, un pobo entre dous mundos»

A Casa dos Alonsos da Guarda acollerá, este vindeiro xoves, 28 de febreiro, ás 20 horas, a presentación do «Galaicos – Un pobo entre dous mundos». O acto contará coa asistencia da deputada provincial Montserrat Magallanes; Quique Alvarellos, editor; Rafael Rodríguez, Comisario da Exposición; Xavier Crespo, concelleiro de Patrimonio e Xurxo Ayán, arqueólogo e colaborador no libro.

  • Publicado en A Guarda

Redondela homenaxea a Rosalía de Castro

Como cada ano, e cumplindo co acordo plenario segundo o cal Redondela celebra o aniversario do nacemento da poetisa Rosalía de Castro, o Concello programa para o día 23 de febreiro ás 12 horas unha homenanaxe, que terá lugar na Alameda que leva o seu nome, situada no centro de Chapela.

Inma López Silva, «Chámame señora, pero trátame coma a un señor»

Inma López Silva vén de inaugurar unha nova colección posta en marcha pola editorial Galaxia e denominada «Feminismos», na que se pretende dar cabida a ensaios e reflexións sobre a cuestión de xénero co obxectivo de aportar o seu gran de area á igualdade. Tres foron os títulos presentados de maneira simultánea para capitanear esta colección: «Am@me», de Chis Oliveira e Amada Traba; «Feminicidio», de Carme Adán; e o que hoxe traemos a este andel, «Chámame señora, pero trátame coma a un señor», de Inma López Silva que, a xeito de subtítulo, presenta unha frase bastante explicativa respecto do seu contido: «Memoria persoal do machismo na cultura».

Suscribirse a este canal RSS