A Biblioteca de Redondela celebra o Día do Libro cun contacontos sobre Jane Goodall

O próximo 11 de abril, xoves, a biblioteca municipal de Redondela acolle o contacontos 'Descubrindo a Jane Goodall' para festexar o Día Internacional do Libro Infantil, o Día Mundial do Libro e descubrir a figura e o traballo dunha muller excepcional, a primatóloga e antropóloga Jane Goodall. Este contacontos, organizado pola Fundación Filomena Rivero Alonso e conducido por Olga Cuervo, desenvolverase a partir das 18:30 h na Sala Infantil da devandita biblioteca.

Salvaterra prepara o Mes do Libro para fomentar a lectura entre os máis cativos

A Concellería de Cultura do Concello de Salvaterra de Miño que dirixe Marta Valcárcel, vén de elaborar un amplo programa de actividades baixo o título 'Abril, mes do libro' que teñen como finalidade fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas. O programa abrangue obradoiros e actividades de contaconto, os ingredientes precisos para espertar o interese dos máis pequenos polo mundo marabilloso que supón a lectura.

Diego Giráldez, «Hotel para coleccionistas discretos»

Diego Giráldez xa nos sorprendeu fai un par de anos co seu libro de relatos «Galería de saldos», descubríndonos un autor con personalidade propia e cun xeito moi peculiar de narrar. Agora pasa do relato curto á novela para presentarnos este «Hotel para coleccionistas discretos», unha historia delirante, por veces grotesca, pero moi divertida, na que se infiltra entre as máis altas esferas do poder para amosarnos a un grupo de auténticos psicópatas que xogan con todos nós ao seu antollo. Unha especie de Club Bildelberg, por poñer o exemplo más coñecido, que xira arredor do coleccionismo de trapalladas como coartada dos seus enredos.

Clásicos

Esta semana tenemos dos clásicos: «Como água para chocolate» y «La larga marcha».

Tita nació la última y eso es casi como una maldición por que a lo único que aspiras es a cuidar de tus padres asta que se mueran,en el caso de Tita asta que se muriese su madre, mamá Elena. No se casaría y nunca tendría hijos.

Diego Giráldez presenta o venres 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo do Porriño

O venres 22 de marzo, ás 20:30 h, o escritor porriñés Diego Giráldez presentará a súa novela 'Hotel para coleccionistas discretos' no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. No evento, aberto ao público, participarán xunto ao autor a presidenta do Círculo, María José Giráldez; a escritora Inma López Silva e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. Giráldez contará tamén coa participación do pianista Alejo Amoedo, que adaptou a piano para a ocasión un tema do músico arxentino Astor Piazzola, que aparece mencionado na novela.

Edición especial do «Venres D_letras» para todos os cativos e cativas de Ponteareas

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, que dirixe Hortensia Bautista, vén de convidar a todas as familias a participar nunha nova edición do “Venres D_letras” que vai dirixida aos máis cativos e cativas. Nesta edición especial vaise presentar o libro «Do dereito e do revés», dirixido ao público infantil e editado a iniciativa da Concellería de Cultura de Ponteareas coa finalidade de facilitar o achegamento aos máis pequenos e de xeito excepcional, adiantará o seu inicio ás 19:00 horas.

Xabier Cordal, «Relatos para televisión»

Xabier Cordal é unha figura que, con máis de 25 anos de traxectoria literaria e só media ducia de títulos de poesía, achou un oco entre o máis selecto do noso Parnaso particular. A súa produción é escasa pero representativa e a eses poucos poemarios só cabe engadir a súa participación en obras colectivas e, agora, unha achega iniciática no eido da narrativa. E dá este paso cunha colección de contos moi diversos, tanto en extensión como en temática, que presenta baixo o título «Relatos para televisión».

Iolanda Zúñiga, «Natura»

Iolanda Zúñiga tennos acostumados a unha literatura moi persoal, cun punto de transgresión, un aquel de denuncia máis ou menos evidente, e moito de visceral. A súa última proposta responde aos mesmos criterios; trátase dunha novela que nos traslada a unha paisaxe apocalíptica para desembocar en distopía a través da odisea persoal da súa protagonista, unha muller que en ningún momento aparece identificada cun nome, coma o resto de personaxes do relato.

Suscribirse a este canal RSS