Cores Tourís interésase polas obras de mellora do subministro eléctrico realizadas por Sestelo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, foi invitado pola firma Central Eléctrica Sestelo y Compañía para coñecer as obras desenvolvidas dentro do plan de investimento da firma na comarca do Condado e A Paradanta. Deste xeito, o delegado territorial da Xunta analizou con Adolfo Álvarez e Edgar Mosquera, representantes da empresa Sestelo, o compromiso inversor desta empresa na mellora da calidade de subministro no ámbito rural, acompañado polo xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

A Xunta reforzará o firme na PO-255 en Covelo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou o venres, 1 de marzo, a estrada PO-255, ao seu paso polo concello de Covelo, onde se van a levar a cabo nos próximos meses traballos de reforzo do firme que tamén beneficiarán aos concellos da Lama, Fornelos de Montes e A Cañiza. Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Pablo Castillo, así como polo alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, e o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez.

  • Publicado en Covelo

Arbo mellora dúas estradas ao abeiro do Plan de Infraestruturas Rurais 2018

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, comprobou esta mañá as obras executadas polo Concello a través do Plan Marco 2018 e do Plan de Infraestruturas Rurais 2018 en dous camiños da localidade. Cores Tourís destacou os 76.775 euros destinados para a ampliación do Rial do Pazo ás Laxas, a través do Plan Marco, así como a mellora do vial en Eidos de Arriba, na parroquia de Sela, que contou cunha axuda do Plan de Infraestruturas Rurais 2018.

  • Publicado en Arbo

A Xunta achega 43.000 euros para contratación de técnicos de emprego no Condado-Paradanta

A Xunta vén de resolver as axudas para apoiar nos concellos galegos e nas entidades sen ánimo de lucro a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. Tal e como destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste este ano 43.000 euros para seguir impulsando a Rede de Técnicos de Emprego de Galicia na comarca do Condado-A Paradanta.

A Xunta responde ás xestións do Concello de Mondariz en seguridade viaria

O alcalde de Mondariz, Xoán Carlos Montes Bugarín, agradeceu hoxe á Xunta de Galicia que dera cumprida resposta ás demandas realizadas polo Concello en materia de seguridade viaria para o municipio. O rexedor local acompañou o xoves ao delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na visita que este realizou ao municipio para dar a coñecer as actuacións que, en materia de seguridade viaria, desenvolverá a administración autonómica no municipio.

Montes Bugarín, lembrou que en datas pasadas mantivo reunións co xefe territorial de infraestruturas, José Luis Díez, para darlle a coñecer as demandas do Concello de Mondariz en materia de Seguridade Viaria “é e de agradecer que contesten de xeito rápido”, sinalou o alcalde.

As actuacións que se desenvolverán incluirán as estradas que, dende Mondariz, saen cara a Covelo, Vilasobroso e Mondariz Balneario. Xoán Carlos Montes Bugarín amosou a súa satisfacción polo anuncio realizado por Cores Tourís de que “neste mesmo mes redactarase o proxecto de mellora da estrada que vai cara a Moscoso” que, subliñou, “permitirá dar solución a un punto complicado en materia de seguridade viaria, como é o acceso a praia fluvial do Val” unha obra que o Concello de Mondariz viña demandando dende comezo de lexislatura e que contaba co apoio plenario de todos os grupos da Corporación.

Xoán Carlos Montes Bugarín aproveitou a visita de José Manuel Cores Tourís a Mondariz, para facerlle chegar á Xunta a necesidade “urxente” de acometer obras de mellora de seguridade viaria na estrada de Mondariz-Lougares, no barrio do Ceo, unha zona “que ten un grande tránsito tanto de vehículos como de peóns coa perigosidade que iso supón”.

En todo caso, remataba o alcalde de Mondariz, “agradecemos á Xunta de Galicia a rapidez en atender as lexítimas demandas dos veciños e veciñas de Mondariz.

  • Publicado en Mondariz

A Xunta destina case 100.000 euros para orientación laboral no Condado-A Paradanta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís destacou esta mañá os case 100.000 euros que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará á contratación ou renovación de 4 orientadores laborais por parte de concellos do Condado-A Paradanta. Deste xeito, beneficiaranse os concellos de Mondariz e A Cañiza, que, como o ano anterior, contarán cun técnico dada un. Este ano, o concello de Ponteareas dupricará a axuda recibida, xa que contará con dous orientadores laborais.

Reunión da Comisión Provincial de Coordinacion Policial de loita contra os incendios forestais

Coordinar as actuacións que se levarán a cabo para previr os lumes e loitar contra a actividade incendiaria, é o obxectivo da reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os Incendios Forestais que esta mañá reuniuse e na que participaron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, amais de responsables da Policía Autonómica e Nacional, Garda Civil, Exército, Servizo de Emerxencias da Xunta, Protección Civil, Subdelegación do Goberno e membros da Xefatura Territorial de Medio Rural.

Suscribirse a este canal RSS