Tomiño é un dos poucos concellos galegos que terán wifi gratis nos espazos públicos

Tomiño é un dos 510 municipios españois que poderá beneficiarse das axudas que concede a Unión Europea para financiar wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos. A Comisión Europea anunciou o nome de 3.400 municipios europeos (unha ducia en Galicia) que recibirán 15.000 euros para financiar estas instalacións, dentro do programa “Wifi4EU”, co que a UE quere apoiar a instalación de conexións de alta velocidade en municipios europeos (entre 6.000 e 8.000), cun orzamento de 120 millóns de euros para o período 2018-2020.

  • Publicado en Tomiño

A Guarda abre a inscrición para un curso sobre uso seguro de internet

A Concellería de Educación do Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para un Curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos. O Curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00 h a 22:00 h na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda.

Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

Baiona leva a fibra óptica ás súas parroquias

Grazas á inclusión no «Plan Banda Longa de Nova Xeración» da Administración Xeral do Estado e do «Plan Banda Longa 2020» da Xunta de Galicia, diversas parroquias do Concello de Baiona poderán comezar a gozar do acceso ultrarrápido e internet. As primeiras en beneficiarse  son, por unha banda, Igrexa, Cancelo, San Antón e Caeiro, e doutra banda Eidos, Fontes, Laxes, Rocamar, Covaterreña, Percibilleira, Medialdea, Urgal, Area, Xuncal, Outeiro, Ponche Novo, Sabarís e Viso de Calvos.

  • Publicado en Baiona

Nigrán colabora coas teleoperadoras para levar a fibra óptica a núcleos con conexión deficitaria

O Concello de Nigrán está a colaborar coas diferentes teleoperadoras na implantación de fibra óptica nas zonas con peor cobertura de internet co obxectivo de que a finais de 2019 sexa unha realidade en todo o municipio. Froito desa colaboración nas pasadas semanas xa foi instalada en Prado e Rúa Torreiro (Priegue), Cabreira e Camiño das Presas (San Pedro) e Barrio do Rial e Paraviñabal (Panxón), polo que os usuarios xa a poden solicitar o servizo se é que non o están a recibir.

  • Publicado en Nigrán

O Porriño pon en marcha a súa nova web como "ferramenta útil á veciñanza"

Dende este sábado pasado, día 10 de xuño, está en funcionamento o novo portal web do Concello, unha páxina que segundo o Executivo local, nace coa clara finalidade de ser unha ferramenta útil para as veciñas e veciños. Entrando en www.oporrino.org as veciñas e veciños do Porriño poden consultar dende o seu ordenador, tableta ou teléfono móbil, toda a información municipal.

A sede electrónica do Concello de Tui, plenamente operativa

O Concello de Tui vén de poñer en coñecemento de todos os veciños e veciñas que a sede electrónica está xa operativa dende hai uns días polo que, os cidadáns, poden realizar distintos trámites coa administración local dende esta plataforma sen ter que desprazarse presencialmente á casa do concello. A sede electrónica está accesible no enderezo http://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 ou a través do enlace dispoñible en www.concellotui.org.

  • Publicado en Tui

Nigrán renova os equipos informáticos e a conexión a internet da biblioteca

O Concello de Nigrán vén de mellorar a conexión a internet da biblioteca pública municipal ─multiplicando por seis a súa velocidade actual de acceso─ así como de renovar os seus equipos informáticos dotando a esta infraestrutura de dous novos ordenadores de consulta e unha nova impresora. Os antigos equipos informáticos, tal e como sinala o Goberno que preside Juan González, "non cumplían correctamente coa sua función ao estar obsoletos"

  • Publicado en Nigrán
Suscribirse a este canal RSS