Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

Salvaterra amosa a infancia a importancia da muller na sociedade

O Concello de Salvaterra de Miño desenvolverá o día 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, unha actividade especialmente dirixida aos nenos e nenas do municipio. A iniciativa, que terá lugar ás 17 horas na Praza do Concello, realizarase baixo o lema «Descubrindo as nosas precursoras a través do xogo». Trátase, sinala a tenente de alcalde Marta Valcárcel, "de visibilizar o importante papel que xogaron as mullers en diversos ámbitos da sociedade e que alguhnas veces quedou relegado a un segundo plano".

Baiona organiza unha Festa Infantil de Entroido no Pavillón de Deportes

 

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza unha festa infantil especial de Entroido para os próximos días 5 e 6 de marzo de 2019. Serán dous días –Martes de Entroido e Mércores de Cinza– haberá unha chea de actividades lúdicas dirixidas aos máis cativos entre as 16 horas e as 20:30 horas.

  • Publicado en Baiona

Un colorido e orixinal «Desfile dos Coles» abriu o Entroido Guardés 2019

A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co «Desfile dos Coles» no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio. Sobre as 12:00 h do mediodía comezaron a desfilar máis dun milleiro de alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos dende a Alameda cos seus orixinais e coloridos disfraces, nos que destacaron as conmemoracións dos 125 anos do pintor Miró, as carballeiras, o 125 aniversario de Van Gogh, o 125 aniversario da fundación do C.O.I., encaixados, 50 anos na lúa ou o Cocido Galego e todo isto amenizado pola Charanga Cantos Somos.

Nigrán celebra o luns o Entroido Infantil no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán celebra este luns 4 de marzo o entroido infantil no Auditorio Municipal dende as 17:30 horas con actividades especiais para os nenos. Ao día seguinte, martes 5 de marzo, pola mañá o Auditorio acollerá o concurso que cada ano realizan conxuntamente os centros de día do Val Miñor e xa pola tarde (dende as 19:00 horas) realizarase un baile especial de entroido con música en directo, un fotomatón no que sacar divertidas fotos de balde e merenda a base de doces típicos da época. O Concello anima a acudir disfrazados a ambos eventos.

O sábado 9 será o concurso de comparsas e o domingo día 10 o Concello organiza por segundo ano consecutivo a excursión de maiores a Cuntis para festexar a 'Festa do Lacón' (é preciso inscrición previa).

O entroido finaliza o sábado 16 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá dende a Casa do Concello ás 18.00 horas tirado por un carro de bois para ser velado dende as 19:00 horas no Torreiro de Parada, actos que rematarán coa súa queima e o concerto do grupo Azar.

  • Publicado en Nigrán

Compostaxe para os máis pequenos nos CRA de Tomiño

Máis de 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 5 anos, das 13 aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado Mestre Manuel Garcés) de Tomiño, participan estas semanas nun proxecto de compostaxe organizado polo Concello co fin de que os máis pequenos se acheguen á compostaxe. A actividade inclúe uns obradoiros de compostaxe doméstica con fases teórico-prácticas, nas que os máis cativos/as van aprendendo, a través do xogo, contos e cancións, que é e como se leva a cabo o proceso.

  • Publicado en Tomiño

'Mil grullas pola paz' de Hiroshima a Goián

Os alumnos e alumnas do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián conseguiron encartar un total de 1.000 grullas de papel co obxectivo de pedir a PAZ no mundo homenaxeando así neste día a Sadako Sasaki, a nena de Hiroshima que morreu en 1955 sen conseguir encartalas. Durante máis dun mes alumnos, profesores e familias pasaron moitas horas entre papeis de cores co fin de conseguir o obxectivo de encartar esas 1.000 grullas e pedir así o desexo de que se acaben os conflitos violentos no mundo para que os seres humanos podamos vivir en paz.

  • Publicado en Tomiño
Suscribirse a este canal RSS