Baiona organiza, este venres, obradoiros gratuítos para os máis pequenos

Este venres, 10 de xullo, a Concellaría de Cultura do Concello de Baiona organiza varios talleres infantís gratuítos. Durante dúas horas, de 11 a 13, os nenos que se acheguen ata a céntrica rúa baionesa Carabela Pinta poderán gozar de múltiples actividades. Os talleres son de gomaeva e bixutería.

  • Publicado en Baiona

A Policía Local do Porriño visita o campamento de verán de Torneiros

A Policía Local do Porriño fixo unha visita, na mañá de hoxe, ao campamento de verán que se desenvolven na Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros de cara a compartir un tempo cos nenos e nenas que participan nesta actividade. Os axentes lles explicaron cales son as súas tarefas fundamentais, e responderon ás preguntas formuladas polos rapaces.

Máis de 320 nenos e nenas participan nas actividades de verán de Tomiño

O Concello de Tomiño ven de iniciar as actividades de verán para os máis pequenos cunha oferta que inclúe deportivas como o campus de fútbol ou tenis e culturais como o campamento musical. En total son máis de 320 nenos e nenas se ven beneficiados dunha programación que aposta polo deporte de base e polo lecer.

  • Publicado en Tomiño

A Ludoteca Municipal de Ponteareas móvese durante o verán

A Ludoteca Municipal do Concello de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social, Igualdade e Mocidade xestionada por Verónica Carrera, funciona a pleno rendemento nestas primeiras xornada da época estival. Nenos e nenas de entre 6 e 14 anos gozan estes días de diversas actividades destinadas a fornecer as súas habilidades sociais e a súa capacidade de convivencia, ao mesmo tempo que favorecen a conciliación laboral e familiar dos seus pais e das súas nais.

Redondela desenvolverá cursos de informática para nenos no verán

Durante os meses de xullo e agosto, os nenos e nenas de Redondela terán a oportunidade de iniciarse na informática a través dos cursos gratuítos "Iniciación á Informática e Internet para nenos", que vén de organizar a Concellería de Novas Tecnoloxías. Os cursos desenvolveránse en Redondela e Chapela e estarán dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, divididos por grupos de idade.

Éxito da festa infantil da escuma dentro da Festa da Rosa 2015

A festa infantil incluída no programa das Festas da Rosa 2015 que, por motivos meteorolóxicos fora trasladada do sábado 13 de xuño ao luns día 15, –que foi ademais festivo local– resultou todo un éxito de afluencia contando con máis de 300 cativos mosenses participantes. Esta actividade estivo organizada conxuntamente polas concellerías de Cultura, Educación e Participación Cidadá, e Medio Ambiente.

  • Publicado en Mos
Suscribirse a este canal RSS