Continúa aberta a inscrición para o Campamento Urbano da Cruz Vermella de Ponteareas

O próximo 15 de Abril dará comezo o Campamento Urbano “O tesouro de Cleopatra”, que a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado organizou para máis de 30 nenos do municipio. Ao longo de tres días 15, 16 e 17 de Abril, en horario de 9 h a 14 h, levarán a cabo multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de sendeirismo, o gran xogo, manualidades, cancións... todos eles foron planificados para transportar aos/ as nenos/ as participantes a unha historia cargada de maxia, valores e aventuras.

Ponteareas abre a inscrición para un taller de cociña para a infancia

A concelleira de Ensino do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández, vén de poñer en coñecemento de todas as familias que nestas vacacións de semana santa poderán matricular aos pequenos e pequenas a partir dos seis anos idade no taller de cociña que terá lugar os días 15,16 e 17 na praza abastos. As familias interesadas deberán solicitar praza mediante mensaxe de whatsapp ou chamada telefónica ao número de teléfono 644 896 840

Salvaterra prepara o Mes do Libro para fomentar a lectura entre os máis cativos

A Concellería de Cultura do Concello de Salvaterra de Miño que dirixe Marta Valcárcel, vén de elaborar un amplo programa de actividades baixo o título 'Abril, mes do libro' que teñen como finalidade fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas. O programa abrangue obradoiros e actividades de contaconto, os ingredientes precisos para espertar o interese dos máis pequenos polo mundo marabilloso que supón a lectura.

A Plataforma en Defensa do Pediatra recollerá sinaturas o 30 de marzo en Ponteareas

A plataforma en defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo estará este sabado 30 de Marzo de 11 h a 13:30 h na Feira de Ponteareas (na esquina de Vidales Tomé) recollendo firmas para que se restableza o servicio de Pediatria nos seus concellos. Cabe salientar que o domingo pasado, na feira de Mondariz, en tan só dúas horas, recolléronse 600 firmas. O obxectivo está en chegar ás 5.000 sinaturas para envialas á Consellería de Sanidade.

Edición especial do «Venres D_letras» para todos os cativos e cativas de Ponteareas

A concellería de Cultura, Turismo e Normalización Lingüística, que dirixe Hortensia Bautista, vén de convidar a todas as familias a participar nunha nova edición do “Venres D_letras” que vai dirixida aos máis cativos e cativas. Nesta edición especial vaise presentar o libro «Do dereito e do revés», dirixido ao público infantil e editado a iniciativa da Concellería de Cultura de Ponteareas coa finalidade de facilitar o achegamento aos máis pequenos e de xeito excepcional, adiantará o seu inicio ás 19:00 horas.

O Porriño, Concello Amigo da Infancia, presenta a programación «Vive a cultura urbana»

«Vive a Cultura Urbana», programa de ocio activo dirixido á mocedade que comezará o vindeiro venres 15 de marzo, “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa Eva García de la Torre na rolda de prensa celebrada no Concello porriñés. “Queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou a rexedora local.

Charlas para pais e nais en Redondela sobre seguridade en internet

O Concello de Redondela desenvolverá, o vindeiro día 14 de marzo, unha charla sobre a seguridade en internet e as redes sociais, dirixida fundamentalmente a nais e pais. A iniciativa responde a crecente demanda social sobre a formación específica de cara a afrontar a problematica que conleva o avance das novas tecnoloxías. 

Suscribirse a este canal RSS