Ponteareas organiza cursos intensivos para potenciar o tecido comercial, empresarial e hostaleiro

A concellería de Comercio, Hostalaría e Consumo, que dirixe Inés Vidal, vén de poñer en coñecemento de todos e todas as comerciantes, hostaleiros, empresarios e emprendedores de Ponteareas que se abre o prazo de inscrición para os cursos de formación que se ofrecerán totalmente de balde ao longo do mes de abril e maio. Baixo o nome 'Caixa de Ferramentas', impartiránse cursos prácticos e necesarios para o desempeño do traballo diario dirixidos a empresas, profesionais e autónomos que permitan profesionalizar estes sectores.

Ponteareas da a coñecer o primeiro informe técnico de patoloxías do mercado municipal

O alcalde de Ponteareas, Xosé REpresas, a tenente de alcalde, Chus Garrote e a concelleira de Comercio, Inés Vidal, presentaron ás e aos praceiros do mercado municipal o anteproxecto de rexeneración destas instalacións e o dictame técnico sobre o informe de pataloxías, encargados en abril do ano 2018 conscientes da necesidade de potenciar o mercado municipal e das súas carencia estruturais.

A concellería de Comercio realiza obras "para subsanar a reforma realizada polo PP"

A concelleira de Comercio do Concello de Ponteareas, Inés Vidal, advertiu ao grupo da oposición do Partido Popular "que non vai tolerar o engano á cidadanía con informacións que distorsionan a realidade como as declaracións realizadas nestes días sobre a praza da abastos". Vidal saía ao paso, con estas declaracións, das acusacións realizadas polo PP sobre os desperfectos que, ao seu entender, tiña o mercado de abastos ponteareán.

A inauguración da pista patinaxe, abre un amplo programa de actividades do Nadal ponteareán

A Concelleira de Comercio, que xestiona Inés Vidal, convida a toda a veciñanza da área metropolitana a facer as súas compras de Nadal no comercio local e gozar así, completamente de balde, de entradas para a pista de patinaxe que este ano amplíase en sesenta metros cadrados máis. A pista será inaugurada este xoves día 6 a partir das 16:30 horas na carpa ubicada na Praza Maior e amosouse xa, o pasado ano, con un elemento dinamizador do comercio local.

O xoves 6 de decembro, Ponteareas inaugura a súa "pista de patinaxe ecolóxica"

Ponteareas inaugurará a pista de patinaxe ecolóxica da Praza Maior, o vindeiro xoves, 6 de decembro ás 16:30 horas, abrindo así un dos moitos atractivos que presenta o programa de Nadal ponteareán e que é gratuita para toda a clientela do comercio local. Doutra banda, a concelleira de Comercio, Inés Vidal, adiantou que a inauguración do alumeado do Nadal terá lugar o sábado día 8 ás 18:30 horas.

Os mellores pinchos nunha nova edición de «Os Bocados de Outono» de Ponteareas

A concellería de Comercio que dirixe Inés Vidal presenta unha nova edición de Bocados de Outono que, logo do éxito do ano pasado, amplía a súa duración para ofrecer durante tres fins de semanas seguidos os mellores pinchos de tempada. Doce locais e vinte propostas gastronómicas tentarán conquistar os paladares máis esixentes da área metropolitana a través de receitas suculentas e con produtos de tempada que ofrecerán a clientela unha mostra do bo facer da hostalería de Ponteareas.

Inés Vidal redeseña coa hostalería as terrazas do Paseo Matutino

A concellería de Comercio, Hostalería e Consumo que dirixe Inés Vidal vén de iniciar a rolda de reunións cos hostaleiros e hostaleiras do Paseo Matutino para proceder ao redeseño das terrazas. Coa intención de obter un deseño uniforme e acorde ás modificacións da ordenanza municipal, Inés Vidal traballa da man dos oito hostaleiros do primeiro tramo do Paseo Matutino para que, o antes posible, poidan inaugurarse unha vez rematadas as obras.

O Concello de Ponteareas regulará a estética das terrazas de hostalería

O Goberno de Ponteareas aprobou na súa útima sesión o denominado «Plan de ordenación estética das terrazas» que se anexará á ordenanza reguladora na materia. O Plan, aprobado cos votos a favor do grupo de Goberno, regulará as infraestruturas e mobilario urbano que serán permitidas nas terrazas de veladores que ocupan os espazos públicos para mellorar a imaxe do concello.

Suscribirse a este canal RSS