Carmela Silva pon en valor o relevante papel das mulleres á sustentabilidade do mar

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto á deputada provincial, Isaura Abelairas; á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas; a profesora e comisaria da exposición Mari Lires, e as mulleres e homes da Confraría de Redondela, asistiu esta mañá á inauguración da mostra itinerante “Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar” na lonxa de Cesantes, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño.

Os 'III Premios Sofía Novoa' da Deputación enchen de igualdade o Pazo de Gandarón

A música de Bach e Piazzolla, da man do dúo de piano e flauta traveseira do Conservatorio Mayeusis, inundou na tarde de onte o Pazo de Gandarón, en Salcedo, engalanado para acoller o acto de entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz, impulsados pola Deputación de Pontevedra. A sede da Misión Biolóxica de Galicia foi o escenario elixido por primeira vez para galardoar este ano ás seis estudantes da Universidade de Vigo que incluíron a perspectiva de xénero nos seus traballos de fin de grao e de fin de máster.

Deputación e Universidade de Vigo, un paso máis en igualdade coa cátedra 'Feminismo 4.0'

Cun brinde pola igualdade, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, en compañía de colectivos e asociacións de mulleres da provincia, relacionadas coa cultura e a igualdade, deron esta mañá no Pazo de Castrelos, en Vigo, o pistoletazo de saída á cátedra “Feminismos 4.0” da Universidade de Vigo.

Doa Oa reivindica, en Tomiño, un mundo igualitario a través da natureza

A deputada provincial Montse Magallanes, acompañada da alcaldesa Sandra González, asistiu no Campo de Fútbol Municipal do Alivio, en Tomiño, a unha nova acción do programa da Deputación de Pontevedra 'Mulleres en acción: Violencia Zero' de loita contra as violencias machistas. A encargada de visibilizala, esta vez ao través da pintura, foi a artista Doa Oa.

  • Publicado en Tomiño

Ponteareas abre o prazo para o obradoiro de autodefensa para mulleres

O Concello de Ponteareas vén de anunciar a apertura do prazo de inscrición para o curso de Autodefensa para mulleres que, organizado pola Concellería de Igualdade que dirixe Verónica Carrera, desenvolverase en dúas quendas entre o 14 de maio e o 23 de maio. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro 13 de maio.

'María Vinyals. Un talento rebelde' chega aos institutos de Mos e Baiona

Coa presenza da deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, a Deputación de Pontevedra presentou este martes o libro 'María Vinyals. Un talento rebelde' no IES de Mos, diante de 136 alumnos e alumnas de 2º da ESO. Mañá mércores, 10 de abril, ás 13:00 horas, será a quenda do IES Primeiro de Marzo de Baiona, no que o libro será presentado ante 54 rapaces e rapazas de 1º da ESO. O obxectivo destes dous actos é dar a coñecer a historia de María Vinyals e levar o seu legado a prol da igualdade aos centros educativos da provincia.

Berta Fernández desbota os estereotipos que se outorgan as mulleres nos contextos de guerra

A consultora legal en Dereito de Asilo e Refuxio en Stop Mare Mortum, Berta Fernández Rosón, participou esta mañá na xornada “Muller e poder” da Escola de Igualdade María Vinyals da Deputación de Pontevedra no Castelo de Soutomaior. Durante a súa conferencia “Mulleres e guerra: redes invisibles de poder”, a relatora abordou o papel que desenvolven as mulleres nas zonas de conflito, ao tempo que identificou os distintos estereotipos que se perpetúan nas políticas internacionais e nos medios.

Suscribirse a este canal RSS